![]() |
VOOZH | about |
(< lat salūte)
Estado en que o organismo, libre de enfermidades, exerce de xeito normal todas as súas funcións.
Arte e ciencia de organizar e dirixir esforzos da comunidade, coa intención de previr, recuperar e rehabilitar o individuo e obter un óptimo nivel de saúde.
Estado físico e psíquico en que se atopa unha persoa nun determinado momento.
Bo estado ou funcionamento do que goza unha colectividade, entidade ou cousa abstracta.
Exclamación que se utiliza para brindar por alguén.
Exclamación que se utiliza cando esbirra alguén.