VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Acheuliano

⇱ Cultura acheulense - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Acheuliano»)
Cultura acheulense
Instancia de
Parte de
Datas
Data de comezo
Data de remate
Historia
Precedido por
Sucedido por
Códigos e identificadores
Freebase/m/029b17 👁 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2778456499 👁 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Descrito pola fonte
WikidataC:Commons
👁 Image
Biface acheuliano.
👁 Image
Mapa da distribución dos achados de fendas do Plistoceno Medio (acheuliano).

A cultura acheulense[1], ou acheuliano[2], do francés acheuléen nomeado como o xacemento de Saint-Acheul, é un tipo de cultura arqueolóxica baseada na industria lítica de fabricación de ferramentas de pedra caracterizada polos distintivos bifaces ovalados e en forma de pera asociados ao Homo erectus e especies derivadas como o Homo heidelbergensis.

As ferramentas acheulenses producíronse durante o Paleolítico Inferior en África e en gran parte de Asia Occidental, Asia Meridional, Asia Oriental e Europa, e normalmente atópanse con restos de Homo erectus. Pénsase que as tecnoloxías acheulenses desenvolvéronse inicialmente hai uns 1,76 millóns de anos, derivadas da tecnoloxía Oldovaiense máis primitiva asociada ao Homo habilis.[3] O acheuliano inclúe polo menos a primeira parte do Paleolítico Medio. O seu final non está ben definido, dependendo de se inclúe a tecnoloxía Sangoense, pódese considerar que dura ata hai 130.000 anos. En Europa e Asia Occidental, os primeiros neandertais adoptaron a tecnoloxía acheulense, facendo unha transición ao Musteriano hai uns 160.000 anos.

  1. CNL da Facultade de Xeografía e Historia (1996). Universidade de Santiago de Compostela, ed. Léxico de arqueoloxía (castelán-galego). Consultado o 5 de setembro de 2016.
  2. Forma que aconsella tanto o VOLGa Arquivado 16 de setembro de 2016 en Wayback Machine. coma o bUSCatermos.Data de ambas consultas: febreiro de 2021
  3. Wood, Bernard (2005). Human Evolution A Very Short Introduction. Oxford University Press. ISBN978-0-19-280360-3.