VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Agnatha

⇱ Ágnatos - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Agnatha»)
Ágnatos
Agnatha
Edward Drinker Cope 1889 👁 Editar o valor en Wikidata
Instancia de
Clasificación taxonómica
Categoría taxonómica
Taxon superior
SuperreinoEukaryota
ReinoAnimalia
FiloChordata
SubfiloVertebrata
SuperclaseAgnatha
Datas
Data de comezo
hai 535 millóns de anos 👁 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/019wb0 👁 Editar o valor en Wikidata
ITIS914178 👁 Editar o valor en Wikidata
OTT5424564 👁 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Descrito pola fonte
Wikidata

Os ágnatos (Agnatha, do grego ἀ- a- e γνάϑος gnáthos, mandíbula, literalmente: "sen mandíbulas") son un grupo parafilético [1] de vertebrados acuáticos que, xunto cos condrictios e os osteíctios, conforman o grupo parafilético coñecido popularmente como peixes. Na clasificación tradicional lineana considérase como unha superclase.

Son os vertebrados máis primitivos, caracterizados por careceren de mandíbulas, pola respiración branquial dependente da farinxe e pola persistencia da notocorda ou corda dorsal nos adultos.

Tradicionalmente os ágnatos dividíanse nas clases dos ostracodermos (Ostracoderma), isto é «os de pel dura», todos fósiles, e a dos ciclóstomos (Cyclostomi), é dicir, «os de boca circular», con formas actualmente viventes, moi simplificadas, e numerosas fósiles.

Debido a isto, adóitase identificar ágnatos con ciclóstomos.

Actualmente os ágnatos comprenden pouco máis de 100 especies actuais [2] e gran número de formas fósiles.

As especies actuais habitan en augas temperadas de ambos os hemisferios e nas tropicais máis frías.

Características

[editar | editar a fonte]
👁 Image
Reconstrución de Cephalaspis tenuicornis, un ágnato acoirazado do Devoniano.
👁 Image
Un ágnato actual: Myxine glutinosa L.

O único elemento característico común de todos os ágnatos (fósiles e actuais) é a ausencia de mandíbulas, un carácter claramente primitivo. As formas paleozoicas eran de aspecto moi diferente ás especies actuais e moitas tiñan fortes escudos óseos na cabeza como protección fronte aos predadores, e estaban cubertos de escamas de diversos tipos. Os ágnatos actuais teñen aspecto de anguía e carecen de escamas, presentando unha pel mucosa e esvaradía.

A ausencia de mandíbulas obriga a estes animais a solucionar a súa alimentación de forma particular: por succión, sistema polo que lamben o sangue ou os tecidos en descomposición dos peixes dos que se alimentan. No caso das lampreas, son animais hematófagos; no caso dos mixinos, necrófagos.

Sistemática

[editar | editar a fonte]

Durante moitas décadas admitíanse dous grupos, coa categoría de clases:

Hoxe, ambos os grupos son considerados tamén parafiléticos e dividíronse en 12 clases, das cales 9 están extintas:

Ágnatos actuais

[editar | editar a fonte]
👁 Image
Boca da lamprea, Petromyzon marinus L.
Foto realizada na Sala Maremagnum do Aquarium Finisterrae (Casa dos Peixes), na Coruña, Galicia, España.

Os ágnatos actuais caracterízanse pola ausencia de mandíbulas, o aspecto angüiliforme, a ausencia de aletas pares e presenza dunha única aleta impar continua (dorsal, caudal e anal), sete ou máis arcos branquiais e pel mucosa con ausencia de escamas.

Canto á anatomía, presentan un ollo pineal sensible á luz (homólogo da glándula pineal dos mamíferos), esqueleto cartilaxinoso e un corazón con dúas cámaras. Presentan notocorda tanto en estado larval como adulto.

  1. Benton, Michael J. (2004). "3 Early Palaeozoic fishes". Vertebrate Palaeontology (3 ed.). Blackwell Publishing. p.472. ISBN978-0-632-05637-8. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2013. Consultado o 24 de agosto de 2012.
  2. Chapman, A. D. (2009): Numbers of Living Species in Australia and the World. 2ª ed. ISBN 978 0 642 56860 1 Sumario

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Árbore filoxenética dos ágnatos Arquivado 22 de abril de 2021 en Wayback Machine. Janvier, Philippe (1997): Vertebrata. Animals with backbones. Versión do 1 de xaneiro de 1997 (under construction).