VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Al-Razí

⇱ Al-Razí - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para os historiadores andalusís de igual nome, véxase Al-Razí (historiadores).
👁 Modelo:Biografía
Al-Razí
👁 Image

👁 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento866 👁 Editar o valor en Wikidata

Ray 👁 Editar o valor en Wikidata
Morte925 (Gregoriano) 👁 Editar o valor en Wikidata
(58/59 anos)
Ray 👁 Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam 👁 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMedicina 👁 Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmatemático,inventor,filósofo,químico,médico 👁 Editar o valor en Wikidata
ProfesoresAli ibn Sahl Rabban al-Tabari (en) 👁 Traducir
👁 Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Enciclopedia de Otto 👁 Editar o valor en Wikidata
👁 BNE: XX1767430

Al-Razí, de nome completo Abū Bakr Muhammad ibn Zakarīyā al-Rāzī) (ابو بکر محمد بن زكريا الرازی), coñecido como "Zakariya-ye Razi زكريای رازی" en persa e tamén "Zakariya al-Razi" en árabe, ou como Rhazes e Rasis en latín, nado en Ray (Irán) en 865 e finado na mesma localidade en 925, foi un sabio persa.

Al-Razí foi un médico, filósofo e académico que realizou achegas fundamentais e duradeiras á medicina, a química a física, a alquimia e á filosofía [1], escribindo máis de 184 libros e artigos científicos.

👁 Image
Compendio dos tratados de medicina de Al-Razí, ou Liber Continens, traducido ao latín por Xerardo de Cremona na segunda metade do século XIII.
👁 Image
Imaxe de Al-Razí no Liber Continens, 1250-1260.

Home de letras, era persa pero lía e escribía en árabe, e estudou os textos dos médicos da antigüidade (Hipócrates, Galeno), e os hindús, eventualmente traducidos ao siríaco e despois ao árabe. E os escritos de Ali ibn Rabban al-Tabarí (morto contra 870) deberon ter unha notábel influencia nel.

Proseguiu a súa formación viaxando por Siria, Exipt e Al-Ándalus, completando os seus coñecementos librescos coa práctica clínica e experimental.

Al-Razí é recoñecido por descubrir o ácido sulfúrico, verdadeira "locomotora" da química moderna e a química industrial. Tamén descubriu o etanol (alcohol etílico ou, simplemente, alcohol) así como o proceso para o seu refinamento e o seu uso en medicina. A el atribúese a invención do alambique e a primeira destilación do petróleo para a obtención de queroseno e outros produtos.

Al-Razí era un empirista e racionalista e foi obxecto de numerosas críticas pola súa oposición ao aristotelismo e o seu libre pensamento fronte á relixión, e foi considerado polos seus contemporáneos e biógrafos como un home liberal e libre de todo prexuízo.

Viaxou moito e prestou servizos a varios príncipes e gobernantes, especialmente en Bagdad, onde tiña o seu laboratorio.

Ensinou e investigou na universidade de Bagdad, na Casa da Sabedoría (Bayt al Hikma), onde atraía a un gran número de estudantes de todas as disciplinas.

Dicíase del que era un home compasivo, amábel, xusto e devoto polo servizo dos seus pacientes, foran ricos ou pobres.

Foi indiscutibelmente un dos grandes pensadores do islam, e a súa influencia na medicina e a ciencia europea foi enorme.

O seu Kitab al-Hawi fi al-Tibb, enciclopedia médica en 22 volumes, en parte póstuma, que recolle os coñecementos dos autores máis antigos en forma de longos extractos con referencias precisas e comentarios, ensinanzas e observacións do propio recompilador, foi traducido ao latín no século XIII co título Liber Continens, e exerceu unha profunde influencia na medicina occidental, tanto que, ao lado doutras novas obras, constituiría os fondos da biblioteca da facultade de medicina de París en 1395.

Principais libros de medicina

[editar | editar a fonte]
  • al-Hawi (الحاوي), al-Hawi al-Kabir (الحاوي الكبير). Tamén coñecido como A vida virtuosa. Extensa enciclopedia médica que contén numerosas receitas e comentarios de Al-Razí.
  • Isbateh Elmeh Pezeshki (en persa اثبات علم پزشكى), (Mostrando a ciencia da medicina)
  • Dar Amadi bar Elmeh Pezeshki (en persa درآمدى بر علم پزشكى) (O éxito da ciencia da medicna)
👁 Image
Capa do famoso Libro de Medicina de Razí.
👁 Image
Epidemias como as da varíola e o sarampelo foron estudadas con detalle por Al-Razí.
  • Rade Manaategha 'tibb jahez
  • Rade Naghzotibbeh Nashi
  • A experimentación na ciencia médica e a súa aplicación
  • Guidance
  • Kenash
  • Clasificación das enfermidades
  • Medicine real
  • Para os que non teñen médico (من لايحضره الطبيب)
  • O libro da medicina simple
  • O gran libro da Krabadin
  • O pequeno libro da Krabadin
  • O libro dos desastres
  • A comida e o nocivo
  • al-Judari wa al-Hasbah, Tradución: Tratado da varíola e o sarampelo [2]
  • Ketab dar Padid Amadaneh Sangrizeh (en persa كتاب در پديدآمدن سنگريزه) (O libro sobre a formación de cálculos (pedras no ril e na vesícula).
  • Ketabeh Dardeh Roodeha (en persa كتاب درد روده‌ها) (O libro das dores no intestino)
  • Ketab dar Dard Paay va Dardeh Peyvandhayyeh Andam (en persa كتاب در درد پاى و درد پيوندهاى اندام) (O libro das dores en pernas e pés)
  • Ketab dar Falej
  • O libro das dores das moas
  • Dar Hey'ateh Kabed (en persa در هيأت كبد) (Sobre o fígado)
  • Dar Hey'ateh Ghalb (Sobre a angustia) (en persa در هيأت قلب) (Sobre o corazón)
  • Sobre a natureza dos médicos
  • Dar Rag Zadan (en persa در رگ زدن) (Sobre a manipulación dos vasos [sanguíneos])
  • Ketabeh Ibdal
  • Comida para doentes
  • Soodhayeh Serkangabin (en persa سودهاى سركنگبين) (Beneficios da mestura de mel e vinagre)
  • Darmanhayeh Abneh
  • O libro dos insdrumentos cirúrxicos
  • O libro do aceite
  • As froitas antes e despois de comer
  • Libro sobre as discusións médicas (con Jarir Tabib)
  • Libro sobre as discusións médicas II (con Abu Feiz)
  • Sobre o ciclo menstrual
  • Ghi Kardan ou vomitando (en persa قى كردن)
  • Neve e medicina
  • Neve e sede
  • O pé
  • Doenzas fatais
  • Sobre os velenos
  • A fame
  • O sono suoroso
  • A primavera e a enfermidade
  • Conceptos equivocados sobre as capacidades dos médicos
  • O papel social dos médicos

Principais libros de filosofía

[editar | editar a fonte]
  • O pequeno libro sobre o teísmo
  • Resposta a bu'al'Qasem
  • O gran libro sobre o teísmo
  • Filosofía moderna
  • Delsoozi Bar Motekaleman
  • Meydaneh Kherad
  • Khasel
  • Resaaleyeh Rahnamayeh Fehrest
  • Ghasideyeh Ilaahi
  • Shakkook
  • Naghseh Ketabe Tadbir
  • Naghsnamehyeh Ferforius

O moderno Instituto Razí, preto de Teherán, foi denominado así por el.

Así mesmo en Irán conmemórase o Día de Razí, como o Día da Farmacopea, cada 27 de agosto.

  1. Corbin, Henry (1986): Histoire de la philosophie islamique. Paris: Éditions Gallimard
  2. A Treatise on the Small-pox and Measles, Traducido por William Alexander Greenhill, e Publicado e impreso pola Sydenham Society [ por C. e J. Adlrd ], 1848. URL

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Obras de Al-Razí

[editar | editar a fonte]
  • Al-Rāzī (2004): La conducta virtuosa del filósofo. Tradución, introdución e notas de Emilio Tornero Poveda. Madrid: Trotta. ISBN 84-8164-659-8.
  • Al-Razi (1950): The spiritual Physik of Rhazes Tradución de A. J. Arberry. Londres: John Murray.
  • Kraus, Paul (1939): Abi Bakr Mohammadi Filii Zachariae Raghensis: Opera Philosophica, fragmentaque quae superssunt. Pars Prior. Cairo: Institut Francais d'Archeologie Orientale.[1]
  1. Esta é a única edición dos libros filosóficos de Al-Razí. Só se publicou o primeiro volume cando Kraus se suicidou e se prevía a publicación do segundo volume. Este material foi transferido, despois da súa morte, ao Institut Francais d'Archeologie Orientale, no Cairo.

Obras sobre Al-Razí

[editar | editar a fonte]
  • Al-Baihaqí (1932): Tatimmah Siwan al-Hikma, (Ed. M. Ghafi), Lahore.
  • Al-Biruní (1936): Epitre de Beruni, contenant le repertoire des ouvres de Muhammad
  • Ibn Juljul (1936): Tabaqat al-Atibba w-al-Hukama. (Ed. Fu'ad Sayyid) Cairo.
  • Ibn Khallikan (1948): Wafayat al-A'yan, (Ed. Muhyi al-Din 'Abd al-Hamid), Cairo.

Bibliografía secundaria

[editar | editar a fonte]
  • Badawi, Abdurraman (1945): "Min Tarlkh al-Ilhad fi al-Islam" Islamica, Vol. II, Cairo, 1945, páxs. 198–228.
  • Browne, E. G. (1921): Arabian Medicine. Cambridge, páxs. 44–53.
  • Browne, E. G. (2001): Islamic Medicine. Goodword Books Pvt. Ltd. ISBN 81-87570-19-9
  • Leelerc, L. (1876): Histoire de la medicine arabe. París, Vol. I, pásx. 337–54.
  • Mieli, Aldo (1938): La science arabe. Leiden, páxs. 8, 16.
  • Ranking, G. S. A. (1913): "The Life and Works of Rhazes", in Proceedings of the Seventeenth International Congress of Medicine, Londres, 1913, páxs. 237–68.
  • Renaud, H. P. J. (1931): "A propos du millenaire de Razes", in Bulletin de la Societé Irançaise d'Histoire de la Medicine, marzo-abril, páxs. 203 e seg.
  • Walker, P. (1992): "The Political Implications of al-Razi's Philosophy", in C. Butterworth (ed.) The Political Aspects of Islamic Philosophy. Cambridge, MA: Harvard University Press.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]