VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Alopecia

⇱ Alopecia - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alopecia
👁 Aviso médico.
Aviso médico.
Atención: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento consúltello ao médico.
👁 Image
O actor Patrick Stewart.Un exemplo de alopecia masculina androxenética
Subclase de
Aspecto de
Causa de
Características
Especialidade médica
Fármacos para tratamento
Códigos e identificadores
MeSHD000505 👁 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC50575 👁 Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB14765 👁 Editar o valor en Wikidata
CIE-111313926062 👁 Editar o valor en Wikidata
CIE-9704.09 👁 Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus003246 👁 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2778102086 e C2776360568 👁 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
WikidataC:Commons

A perda de cabelo ou alopecia[1] é a perda excesiva do cabelo do coiro cabeludo, que pode ser temporal ou definitiva.[2] A persoa media perde aproximadamente entre 50 e 100 pelos ao día, isto non ten consecuencias visibles xa que aproximadamente 100 pelos crecen de novo ao día.[3] Non obstante, se un perde significativamente máis cabelo ao día, isto denomínase "perda de cabelo" ou "alopecia". Isto tamén pode ter consecuencias visibles en forma de adelgazamento do cabelo e co paso do tempo poden aparecer calvas na cabeza. A perda de cabelo xeralmente comeza na parte superior da cabeza ou arredor da coroa. O efecto da alopecia é chamado calvicie.[4]

Causas e efectos

[editar | editar a fonte]
👁 Image
Nena de dous anos con alopecia por quimioterapia, probando sombreiros

A perda de cabelo pode ser causada por hormonas, fatiga, dieta pouco saudable, tabaquismo ou como efecto secundario de certos medicamentos, por exemplo algúns fármacos contra o cancro.[5]

O estrés pode ser tanto causa[6] como consecuencia da alopecia; a alopecia inducida por quimioterapia causa unha interrupción significativa na vida dalgúns pacientes, incluíndo efectos físicos, psicolóxicos e sociais, xerando estrés, angustia, ansiedade ou depresión.

A alopecia en nenos e adolescentes pode ser especialmente crítica debido á vulnerabilidade do seu desenvolvemento emocional e psicosocial, mesmo con medo ao acoso escolar, e nas mulleres o cabelo é un elemento moi importante da súa identidade.[7]

Dado que hai unha perda de cabelo androxenética, vinculada aos varóns, culturalmente é común que iso supoña menos impacto emocional e mesmo que a alopecia sexa considerada atractiva en algúns homes.[8]

Tipos de perda de cabelo

[editar | editar a fonte]

Hai moitos tipos diferentes de perda de cabelo, incluíndo:

  • alopecia androxenética, ou perda de cabelo clásica de patrón masculino, moi común;
  • alopecia areata, unha forma irregular, expresión dun proceso autoinmune;
  • calvicie debido a substancias que afectan a raíz do cabelo:
    • intoxicación por talio;
    • Mesmo despois do tratamento con medicamentos contra o cancro, adoita ocorrer a perda de cabelo (xeralmente temporal, entre dous e tres meses).[9]
  • Outras enfermidades poden causar a perda de cabelo:
  • Os puntos calvos tamén poden xurdir ao arrancar o cabelo, consciente ou inconscientemente. Se isto ocorre repetidamente coas mesmas raíces do cabelo, esta calvicie pode ser irreversible.
    • A alopecia de tracción faise tirando con forza (tamén) en coletas ou trenzas de cabelo.
    • A tricotilomanía é unha tracción compulsiva do cabelo.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alopecia.
  2. "alopecia". Dicionario de Real Academia Galega. Consultado o 2024-08-30.
  3. "Do you have hair loss or hair shedding?". www.aad.org (en inglés). Consultado o 2024-08-30.
  4. "calvicie". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-08-30.
  5. "Hair loss: Diagnosis and treatment". www.aad.org (en inglés). Consultado o 2024-08-30.
  6. "Feeling stressed? It can show in your skin, hair, and nails". www.aad.org. Consultado o 2024-08-30.
  7. Boland, Vanessa; Brady, Anne-Marie; Drury, Amanda (2020-12). "The physical, psychological and social experiences of alopecia among women receiving chemotherapy: An integrative literature review". European Journal of Oncology Nursing 49: 101840. ISSN1462-3889. doi:10.1016/j.ejon.2020.101840.
  8. Girela, F. Javier (2015-07-28). "Las 46 calvas más bonitas del mundo". GQ España (en castelán). Consultado o 2024-08-30.
  9. "Alopecia". Instituto Oncoguia (en portugués). Consultado o 2024-08-30.
  10. "Lichen planus: Tips for managing". www.aad.org (en inglés). Consultado o 2024-08-30.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]