Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Asteroids |
|---|
|
|
|
| Características |
|---|
|
Xénero artístico
| |
| |
Dispositivo de entrada
| |
Modo de xogo
|
|
|
| Implicados |
|---|
|
Creador/a
| |
Deseñador/a
| |
Desenvolvedor/a
| |
Editorial
|
|
| Datas |
|---|
|
Data de publicación
|
|
| Historia |
|---|
|
Parte da serie
| |
Sucedido por
|
|
| Localización |
|---|
|
Colección
| |
País de orixe
|
|
| Códigos e identificadores |
|---|
|
|
| Fontes e ligazóns |
|---|
|
Páxina WEB
| |
|
| WikidataC:Commons |
Asteroids é un videoxogo arcade de tiros no espazo que foi lanzado en novembro de 1979[1] por Atari, Inc. e deseñado por Lyle Rains, Ed Logg e Dominic Walsh. O xogador controla unha nave espacial nun campo de asteroides que periodicamente é atravesado por discos voadores. O obxectivo do xogo é disparar e destruír os asteroides e os discos evitando colidir con eles e os disparos inimigos. O xogo incrementa a súa dificultade conforme medra o número de asteroides.
Asteroids foi un dos meirandes éxitos da Idade de Ouro dos arcades. O xogo vendeu máis de 70000 máquinas recreativas, sendo moi popular entre os xogadores e moi influente nos desenvolvedores de videoxogos. Dende entón, foi adaptado a múltiples plataformas. Asteroids foi amplamente imitado e influíu directamente en xogos como Defender,[2] Gravitar, e moitos outros.