| Audiolibro | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| WikidataC:Commons | |||||||
Un audiolibro[1] é unha gravación dun libro ou outro tipo de obra lida en voz alta. Os rexistros da fala existen en escolas e bibliotecas públicas e, en menor medida, tendas de música, dende comezos da década de 1930. Moitos álbums de fala foron creados antes da era das casetes, os CD ou o MP3; porén, adoitaban ser poesía ou teatro, e non libros completos. Non foi até a década de 1980 que o medio do audiolibro chamou a atención da industria editorial, que comezou a vendelos xunto cos libros tradicionais.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo "audiolibro" apareceu durante a década de 1970, cando os casetes empezaron a substituír ós discos fonográficos.[2] En 1994, a Asociación de Editoriais de Audio estableceu a palabra "audiolibro" (en inglés:audiobook) coma o estándar nos Estados Unidos.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para '.
- 1 2 Rubery 2011, p.1-21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rubery, Matthew (2011). "Introduction". Audiobooks, Literature, and Sound Studies (en inglés). Routledge. ISBN978-0-415-88352-8.
