| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Xapón | ||||
| Prefecturas | Prefectura de Fukushima | ||||
| Distrito | Distrito de Yama (pt) 👁 Traducir 👁 Editar o valor en Wikidata | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 3.350 (2021) 👁 Editar o valor en Wikidata (56,05 hab./km²) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 59,77 km² 👁 Editar o valor en Wikidata | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 1 de abril de 1960 👁 Editar o valor en Wikidata | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | town.bandai.fukushima.jp 👁 Editar o valor en Wikidata | ||||
| 👁 Instagram: bandaimachi 👁 Editar o valor en Wikidata | |||||
Bandai (磐梯町, Bandai-machi) é un concello localizado na prefectura de Fukushima, Xapón. En xuño de 2019 tiña unha poboación de 3.421 habitantes e unha densidade de poboación de 57,2 persoas por km². A súa área total é de 59,77 km².
Xeografía
[editar | editar a fonte]Concellos circundantes
[editar | editar a fonte]Historia
[editar | editar a fonte]A área do actual concello de Bandai era parte da antiga provincia de Mutsu. Foi o centro dun culto montañés baseado no monte Bandai e fundáronse numerosos templos budistas a partir do período Heian. Estes templos creceron até ter un forte poder militar e económico durante o período Kamakura, e só foron suprimidos no período Sengoku. A área formou parte das propiedades do dominio Aizu durante o período Edo. Após a Restauración Meiji, organizouse como parte do distrito de Yama (prefectura de Fukushima). A aldea de Bandai creouse o 31 de marzo de 1889 co estabelecemento do sistema de concellos moderno e foi elevada á categoría de vila en 1960.
Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo datos do censo xaponés,[1] a poboación de Bandai diminuíu nos últimos anos.
| Ano do censo | Poboación |
|---|---|
| 1995 | 4.357 |
| 2000 | 4.109 |
| 2005 | 3.951 |
| 2010 | 3.761 |
| 2015 | 3.579 |
| 2020 | 3.322 |
Economía
[editar | editar a fonte]Dende principios do período moderno, a xeración de enerxía hidroeléctrica e a produción de produtos químicos por parte de Nippon Soda Co., Ltd. foron piares da economía local. Porén, a economía local arestora desprazouse cara a produción de maquinaria de precisión e o turismo estacional, especialmente campos de golf e estacións de esquí.
Educación
[editar | editar a fonte]Bandai ten dúas escolas primarias públicas e unha escola secundaria pública operada polo goberno da vila.
Vilas irmandadas
[editar | editar a fonte]- 👁 Image
Oliver, Columbia Británica, Canadá.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Monte Bandai.
- Parque Nacional Bandai-Asahi.
- Enichi-ji, destacado templo budista.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bandai population statistics (en inglés). www.citypopulation.de.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| 👁 Image |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:Bandai, Fukushima 👁 Modificar a ligazón no Wikidata |
