VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Basilio_I

⇱ Basilio I - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
👁 Modelo:Biografía
Basilio I
👁 Image

👁 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento811 (Gregoriano) 👁 Editar o valor en Wikidata

Edirne 👁 Editar o valor en Wikidata
Morte29 de agosto de 886 👁 Editar o valor en Wikidata
(74/75 anos)
Constantinopla 👁 Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, accidente de caza
febre 👁 Editar o valor en Wikidata
Emperador bizantino
867– 886
Miguel IIILeón VI o Sabio
Parakoimomenos (pt) 👁 Traducir
865– 866
Damião (paracomomeno) (pt) 👁 Traducir
👁 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatólico 👁 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca 👁 Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloEmperador bizantino 👁 Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastia macedônica (pt) 👁 Traducir
👁 Editar o valor en Wikidata
CónxuxeEudocia Inxerina
Maria Maniakes 👁 Editar o valor en Wikidata
ParellaTecla 👁 Editar o valor en Wikidata
FillosConstantino
(👁 Image
)

León VI o Sabio
(👁 Image
)
Eudocia Inxerina
Estevão I de Constantinopla
(👁 Image
)
Eudocia Inxerina
Alexandre III de Bizancio
(👁 Image
)
Eudocia Inxerina 👁 Editar o valor en Wikidata
IrmánsBardas 👁 Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Biblioteca dixital BEIC
The Nuttall Encyclopædia>>>:Basil I. 👁 Editar o valor en Wikidata
👁 BNE: XX848898
👁 WikiTree: Mamikonid-1
👁 Find a Grave: 37444091
👁 Editar o valor en Wikidata
👁 Image
Basilio I e o seu fillo León VI.

Basilio I, chamado o Macedonio, nado en 811 e finado o 29 de agosto de 886), emperador bizantino, naceu nunha familia procedente de Armenia (de orixe non-eslava), asentada en Macedonia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pasou parte da súa nenez en catividade en Bulgaria, onde a súa familia viviu cativa do príncipe búlgaro Krum desde 813. Logrou escapar e tivo ademais a fortuna de entrar ao servizo de Teofilitzes, un parente do césar Bardas (tío do emperador Miguel III 'o Borracho'), como paxe. Estando ao servizo deste, visitou a cidade de Patras, onde se gañou o favor de Danielis, unha rica dama que o tomou ao seu servizo e o dotou dunha gran fortuna. Por outra banda, pronto lograría tamén converterse en compañeiro e membro da garda persoal (parakoimomenos) de Miguel III.

Para aumentar o seu favor ante Miguel III, divorciouse da súa esposa e casou con Eudocia Ingerina, unha das amantes de Miguel. Sempre se creu que León VI, o sucesor de Basilio e o seu suposto fillo, era en realidade fillo de Miguel. Basilio conseguiu entón matar a Bardas, que gobernaba de feito o Imperio no canto de Miguel; o que levou a cabo co consentimento do emperador en abril de 866, e tan só unha semanas despois Basilio era nomeado ‘’césar’’. Por entón poucos imaxinarían que Basilio ía ser capaz de gobernar o Imperio por si mesmo, pois era famoso por levar a mesma vida desordenada e orxiástica que o seu amigo o emperador Miguel, pero en setembro de 867 asasinou a Miguel e comezou a reinar en solitario.

Basilio inauguraba así unha nova era na historia do Imperio, que se asocia tradicionalmente coa nova dinastía que acababa de fundar: a Dinastía Macedónica. Tratouse dun período de expansión territorial durante o cal o Imperio se converteu na maior potencia da Europa do momento.

A causa do extenso traballo lexislativo que Basilio levou a cabo, que consistiu na recuperación e posta ao día da compilación de Xustiniano I, adóitase coñecelo como o "segundo Xustiniano". As leis foron compiladas nas Basilica, que comprendían sesenta libros, e ademais preparáronse certos manuais xurídicos menores chamados Prochiron e Eisagoge. León VI completaría esta compilación lexislativa. Por outra banda, a administración fiscal de Basilio resultou ser bastante prudente.

A súa política eclesiástica destacou polas boas relacións con Roma. Unha das súas primeiras medidas consistiu en enviar ao exilio ao patriarca de Constantinopla Focio, restaurando ao Ignacio I, cuxos dereitos contaban co apoio do Hadrián II. Con todo, Basilio non tiña a intención de someterse a Roma máis aló de certa medida. A decisión do tsar búlgaro Boris I de Bulgaria de someter á nova igrexa búlgara á xurisdición de Constantinopla supuxo un gran golpe para Roma, que pretendía facerse co seu control. En 877 Focio volveu ao patriarcado, e produciuse un certa ruptura, aínda que non formal, con Roma. Sería un fito máis na serie de conflitos que levaron ao Cisma de Oriente que deu lugar á separación das igrexas católica e ortodoxa.

O seu reinado estivo marcado por unha conflitiva guerra cos herexes bogomilos, herdada do seu predecesor. Recuperouse Chipre, pero só se puido manter durante sete anos; tamén se reconquistou Bari e gran parte de Calabria, aínda que se perdeu Siracusa en Sicilia. Os éxitos militares en Italia abriron un novo período de dominación bizantina en dita península. Pero, por encima de todo, os bizantinos foron de novo señores do Mediterráneo e especialmente do Adriático.

Basilio reinou durante 19 anos. A súa morte, o 29 de agosto de 886 debeuse a unhas febres contraídas tras un grave accidente de caza.

Imperio Bizantino

Segue a:
Miguel III
Basilio I
Precede a:
León VI o Sabio
Dinastía Macedonia