VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Benjamin_Constant

⇱ Benjamin Constant - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
👁 Modelo:Biografía
Benjamin Constant
👁 Image

👁 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Henri-Benjamin Constant de Rebecque 👁 Editar o valor en Wikidata

25 de outubro de 1767 👁 Editar o valor en Wikidata

Lausana 👁 Editar o valor en Wikidata
Morte8 de decembro de 1830 👁 Editar o valor en Wikidata
(63 anos)
París 👁 Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 29 👁 Editar o valor en Wikidata
Member of the Chamber of Deputies (en) 👁 Traducir
23 de xuño de 1830– 8 de decembro de 1830(finado no cargo)

Circunscrición electoral: Baixo Rin

Member of the Chambre des députés des départements (en) 👁 Traducir
17 de novembro de 1827– 16 de maio de 1830
Georges Humann (pt) 👁 Traducir


Circunscrición electoral: Baixo Rin

Member of the Chambre des députés des départements (en) 👁 Traducir
25 de febreiro de 1824– 5 de novembro de 1827 – Claude Tircuy de Corcelles (pt) 👁 Traducir


Circunscrición electoral: Seine (pt) 👁 Traducir

Member of the Chambre des députés des départements (en) 👁 Traducir
25 de marzo de 1819– 17 de agosto de 1822
Lexislatura: Q3025325 👁 Traducir

Circunscrición electoral: Sarthe

Datos persoais
RelixiónReformed (en) 👁 Traducir
👁 Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Edimburgo 👁 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París 👁 Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo,autor de diarios,escritor,político,científico 👁 Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1779 👁 Editar o valor en Wikidata
- 1830 👁 Editar o valor en Wikidata
MovementoLiberalismo e romanticismo 👁 Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeCharlotte de Constant de Rebecque 👁 Editar o valor en Wikidata
ParellaGermaine de Staël 👁 Editar o valor en Wikidata
PaiJuste Constant de Rebecque 👁 Editar o valor en Wikidata
IrmánsLouise d'Estournelles de Constant 👁 Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteEncyclopedia of Political Theory, (sec:Constant, Benjamin (1767-1830), p.287-289)
Biblioteca dixital BEIC
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron 👁 Editar o valor en Wikidata
👁 Enciclopedia Galega Universal: 104553
👁 BNE: XX846931
👁 Find a Grave: 7807
👁 Editar o valor en Wikidata

Henri-Benjamin Constant de Rebecque, nado en Lausana o 25 de outubro de 1767 e finado o 8 de decembro de 1830, foi un filósofo, escritor e político franco-suízo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse con profesores particulares e máis tarde incorporouse a distintos centros e universidades, pois trasladouse con frecuencia coa súa familia por Europa. Así asistiu á Universidade de Erlangen, en Baviera, e á de Edimburgo no Reino Unido.

Unido sentimentalmente a Germaine de Staël, a súa colaboración intelectual converteulles nun equipo de traballo único. A principios do século XIX e até 1830 foi un político activo, membro da Asemblea Nacional situado na ala liberal e crítica. O seu modelo político trataba de imitar o inglés, ao que admiraba por diversos factores, tanto no político como no económico. Mostrouse contrario ás teorías que admiraban as antigas sociedades libres como as da Grecia Antiga, mesmo nunha Francia que coñecera o Consulado, ao considerar que estaban baseadas na escravitude da maioría para beneficio duns poucos, ademais de ser inaplicables a estados modernos moito máis grandes que os polis onde era imposible concentrar ao pobo nun foro para o debate público aberto e directo.

A súa teoría da liberdade baseábase na posesión e goce dos dereitos civís, do imperio da lei e da liberdade nun sentido amplo, confrontada neste sentido á actividade do Estado. Avogaba por unha serie de principios (entre eles a responsabilidade individual) sen os cales a sociedade sería un caos e a liberdade, inconcibible.

Obras súas de relevancia son Adolphe[1][2] ou O caderno vermello[3] (Le Cahier rouge).

  1. Traducido por Xosé Manuel Beiras e publicado por Laiovento en 2020.
  2. Capítulo e breve análise da obra Arquivado 17 de outubro de 2019 en Wayback Machine. en etudes-litteraires-com. (en francés)
  3. Traducido por Marie Abraira e publicado pola Editorial Hugin e Munin en 2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]