| Tipo | cabo península 👁 Editar o valor en Wikidata | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | Baredo, España 👁 Editar o valor en Wikidata | |||
| ||||
O cabo Silleiro[1], é un cabo situado no suroeste de Galicia, na parroquia de Baredo (Baiona), que pecha a ría de Vigo polo sur, marcando o inicio das Rías Baixas cara ao norte. É o punto máis ó norte da costa de Baredo a Camposancos.
Faro
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Faro de cabo Silleiro.
O Faro de cabo Silleiro, construído en 1866, ten unha altura de 9 metros sobre o chan e 85 sobre o nivel do mar, cun alcance de 30 millas.[2]
Instalacións militares
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Batería de Cabo Silleiro.
Na década de 1940 construíuse na zona, a batería de artillaría costeira J4,[3] con 200 metros de galerías subterráneas conectando catro pezas de artillaría Vickers modelo 1923 de 152,4/50mm de 1943, fabricados pola Sociedad Española de Construcción Naval en Reinosa, co obxectivo de protexer o porto de Vigo e a entrada á vila de Baiona.[4]
A base foi abandonada durante os anos noventa. En 1998 retirouse o perímetro de seguridade. As intalacións pertenceron ao Ministerio de Defensa de España[5] ata o ano 2021, cando, tras trinta anos de negociacións, as mercou o Concello de Baiona por 370.000 €.[4]
Costa
[editar | editar a fonte]Na súa costa hai moitos relevos:
Naufraxios
[editar | editar a fonte]Nas augas de cabo Silleiro afundiron dous barcos: o ABC e o Collingham (chamado polos baioneses O Cunichán).[cando?][6]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Segundo o mapa provincial de Francisco Coello e Pascual Madoz de 1856: Cabo Silleiro ó de Cela. Véxase o recadro "Castillo, puerto y villa de Bayona".
- ↑ Autoridade Portuaria de Vigo Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine..
- ↑ 42°06′33″N 08°53′35″O / 42.10917, -8.89306
- 1 2 Torres, Mónica (25/3/2021). "Baiona compra la batería militar de Cabo Silleiro por 370.000 euros". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ "Los secretos subterráneos de la batería militar de Cabo Silleiro". El Mundo (en castelán). 31/1/2011.
- ↑ Vilar Pedreira, Xosé Lois (2008). Os nomes do mar de Baiona e Panxón; a toponimia marítima para xente miúda. Instituto de Estudos Miñoranos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| 👁 Image |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:Cabo Silleiro 👁 Modificar a ligazón no Wikidata |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Costas Goberna, Fernando Javier e Expósito Álvarez, Manuel. Los Faros de Cabo Silleiro: luces del sur de la Ría de Vigo, Instituto de Estudios Vigueses, Fundación Provigo, 2004.
- Pazos, Lino (2003). Faros de Galicia. Guías Galaxia. Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-636-3.
- Rodríguez Álvarez, Roberto e Vilar Pedreira, Xosé Lois: «Toponimia marítima e fluvial desde o Miño a Panxón: "Fillo de fías ao pe de cabo de vicos, mar de prajetas" e outros mil catrocentos hidrónimos» pp.43–56 en Ardentia n.º 3, ISSN 1699-3128. Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. Xuño de 2006.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- ORDEN 173/1998, por la que se suprimen diversas zonas de seguridad de instalaciones militares... Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. BOE (en castelán).
