VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Carpo

⇱ Carpo - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Carpo (homónimos).
Carpo
ossa carpi 👁 Editar o valor en Wikidata
Subclase de
Parte de
Códigos e identificadores
Freebase/m/0h2y0 👁 Editar o valor en Wikidata
MeSHD002348 👁 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC12688 👁 Editar o valor en Wikidata
TA 98A02.4.08.001
CIE-112038724831 👁 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2779789666 👁 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
WikidataC:Commons

En anatomía, o carpo é unha estrutura do membro superior humano, artellada cos ósos do antebrazo, é dicir, radio e cúbito. Está constituído por oito ósos, distribuídos en dúas fileiras, unha máis próxima ao antebrazo ou proximal, e outra máis preto dos dedos ou distal. A estrutura ósea móvese en conxunto, permitindo os diversos movementos do pulso.

Ósos do carpo

[editar | editar a fonte]

Son oito ósos pequenos que se artellan entre si e co radio, cúbito e os ósos metacarpianos.

Os oito ósos artéllanse entre si, formando pequenas articulacións. En conxunto forman o pulso.