VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Caxemira

⇱ Caxemira - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
👁 Modelo:Xeografía política
Caxemira

Localización
👁 Image
👁 Editar o valor en Wikidata
👁 Mapa
35°N 76°L / 35, 76
Territorio reivindicado porIndia
Paquistán
República Popular da China 👁 Editar o valor en Wikidata
EstadoRepública Popular da China 👁 Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación3.945.000 (1941) 👁 Editar o valor en Wikidata
(17,75 hab./km²)
Lingua usadaLingua caxemiresa
língua dogri (pt) 👁 Traducir

Lingua ladakhi
lingua balti
Língua shina (pt) 👁 Traducir

Língua khovar (pt) 👁 Traducir

Lingua panxabí
Gujari (en) 👁 Traducir
👁 Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie222.236 km² 👁 Editar o valor en Wikidata

👁 BNE: XX455886

Caxemira[1][2] é unha rexión localizada na zona norte do subcontinente da India.

Historicamente, denominouse Caxemira ao val situado ao sur da parte máis occidental da cordilleira do Himalaia; mais, o termo "Caxemira" esténdese moito máis aló no ámbito político, incluíndo as rexións de Xammu e Ladakh, que historicamente formaban o principado de Xammu e Caxemira.

O Val de Caxemira é relativamente baixo e moi fértil, rodeado por gran número de montañas, sendo considerado como unha das zonas máis belas do mundo.

👁 Image
Val de Caxemira

A rexión encóntrase actualmente dividida entre a India, Paquistán e a China, sendo un dos focos de disputas internacionais máis importante da actualidade. Paquistán controla a rexión noroccidental (Territorios do Norte e Azad Kashmir (azad significa "libre"), chamadas "Caxemira ocupada paquistaní" pola India). A India controla os sectores centrais e sur da rexión (Xammu e Caxemira), mentres que a China ten ocupado a rexión nororiental (Acsai Chin).

Ningún dos outros países recoñece a administración dos outros sobre os terreos disputados e considérannos zonas ocupadas ilegalmente. Actualmente, unha opción que ten tomado gran forza dentro de Caxemira, a independencia, foi negada duramente tanto por Paquistán como pola India.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caxemira.
  2. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p.1304. ISBN9788482887524.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]