| Chicago Tribune |
|---|
|
|
|
| Características |
|---|
|
Lingua
| |
Posición política
| |
Formato de xornal
|
|
|
| Implicados |
|---|
|
Fundador/a
| |
Propietario/a
| |
Editorial
|
|
| Datas |
|---|
|
Fundación / creación
| |
Periodicidade
|
|
| Historia |
|---|
|
Substitúe
| |
Premios e distincións
|
|
| Localización |
|---|
|
| |
Publicado en
| |
Lugar de publicación
| |
Enderezo
| |
País de orixe
|
|
| Códigos e identificadores |
|---|
|
|
| Fontes e ligazóns |
|---|
|
Páxina WEB
| |
| |
|
| WikidataC:Commons |
O Chicago Tribune é un dos principais xornais da cidade de Chicago, Illinois, (Estados Unidos), propiedade da Tribune Company. Anteriormente coñecido como o World's Greatest Newspaper (coñecido como WGN en radio e televisión), segue sendo o principal diario de Chicago e a súa zona metropolitana, sendo o oitavo periódico máis importante de Norteamérica en vendas.[1]
O 2 de abril de 2007, o Tribune anunciou un plan de venda de accións por valor de 8,2 miles de millóns USD, cun prezo de saída de 34$ por acción, e un plan de propiedade de accións para os empregados. O novo presidente do diario é o magnate Sam Zell. Asemade, como parte do acordo, os Chicago Cubs e o seu estadio, o Wrigley Field, foron vendidos, así como a cota do Tribune do grupo de canles de televisión Comcast SportsNet.[2]
O Tribune foi fundado por James Kelly, John E. Wheeler e Joseph KC Forrest, aparecendo o seu primeiro número o 10 de xuño de 1847. Logo dun cambio de editores, absorbeu outras tres publicacións da cidade: o Free West en 1855, o Democratic Press en 1858, e o Chicago Democrat en 1861. O seu principal rival na cidade era o Chicago Daily News, fundado en 1875.
En 1910, cunha tiraxe de 188000 exemplares, era o terceiro diario máis vendido en Chicago.
Algunhas das grandes primicias do Tribune foron a publicación do texto orixinal do Tratado de Versalles, en xuño de 1919, e a súa revelación dos plans de guerra dos Estados Unidos en vésperas do ataque xaponés a Pearl Harbor. Na súa portada do 7 de xuño de 1942 anunciou que os Estados Unidos descifrara o código militar PURPLE do Xapón.
Debido ao Regulamento Xeral de Protección de Datos, a páxina web do Chicago Tribune non é accesible dende os países da Unión Europea dende 2018.[3]