Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| DBLP |
|---|
|
|
|
| Características |
|---|
|
Tema principal
| |
Linguaxe de programación
| |
Licenza
| |
Campo de traballo
|
|
| Implicados |
|---|
|
Mantido por
| |
Fundador/a
| |
Editor/a
| |
Propietario/a
|
|
| Datas |
|---|
|
Fundación / creación
|
|
| Localización |
|---|
|
Sede
| |
Lugar de formación
|
|
| Códigos e identificadores |
|---|
|
|
| Fontes e ligazóns |
|---|
|
Páxina WEB
| |
|
| WikidataC:Commons |
DBLP é un sitio web de bibliografía de informática. Comezou en 1993 na Universidade de Tréveris, en Alemaña, e pasou de ser unha pequena colección de ficheiros HTML[1] a converterse nunha organización que aloxaba un sitio de bibliografía de bases de datos e programación lóxica. Desde novembro de 2018, DBLP é unha sucursal do Centro de Informática Schloss Dagstuhl – Leibniz (LZI).[2] O DBLP incluíu máis de 5,4 millóns de artigos de revistas, artigos en congresos e outras publicacións sobre informática en decembro de 2020, fronte aos aproximadamente 14.000 de 1995 e os 3,66 millóns de xullo de 2016.[3] Rexístranse todas as revistas importantes sobre informática. Tamén se rastrexan as actas de moitas conferencias. Está duplicado en tres sitios de Internet.[4][5][6]
Polo seu traballo no mantemento de DBLP, Michael Ley recibiu un premio da Association for Computing Machinery (ACM) e o VLDB Endowment Special Recognition Award en 1997. Ademais, en 2019 foille outorgado o ACM Distinguished Service Award por "crear, desenvolver e conservar DBLP".[7][8]
DBLP orixinalmente significaba DataBase systems and Logic Programming (Sistemas de bases de datos e programación lóxica). Como retroacrónimo, interpretouse como Digital Bibliography & Library Project (Proxecto de bibliografía e biblioteca dixital);[9] porén, agora prefírese que o acrónimo sexa simplemente un nome, de aí o novo título The DBLP Computer Science Bibliography (Bibliografía informática DBLP).[10]
- ↑ Ley, Michael (2009). DBLP: Some Lessons Learned (PDF). VLDB. Proceedings of the VLDB Endowment (en inglés) 2 (2). pp.1493–1500. ISSN2150-8097. doi:10.14778/1687553.1687577. Consultado o 2018-03-13.
- ↑ "Bibliographic database "dblp" celebrates silver anniversary". dagstuhl.de (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2019-12-09. Consultado o 2019-12-09.
- ↑ "Records in DBLP". Statistics. DBLP (en inglés). Consultado o 2019-12-01.
- ↑ "Computer science bibliography". DBLP (en inglés). Consultado o 2018-03-13.
- ↑ Ley, Michael (2002). "The DBLP Computer Science Bibliography: Evolution, Research Issues, Perspectives". String Processing and Information Retrieval. Lecture Notes in Computer Science (en inglés) (Springer-Verlag) 2000: 481–486. ISBN978-3-540-44158-8. doi:10.1007/3-540-45735-6_1. Consultado o 2018-05-01.
- ↑ Petricek, Vaclav; Cox, Ingemar J.; Han, Hui; Councill, Isaac G.; Giles, C. Lee (2005). "A Comparison of On-Line Computer Science Citation Databases". Research and Advanced Technology for Digital Libraries. Lecture Notes in Computer Science (en inglés) (Springer-Verlag) 3652: 438–449. ISBN978-3-540-28767-4. arXiv:cs/0703043. doi:10.1007/11551362_39.
- ↑ "Michael Ley: ACM Distinguished Service Award". ACM (Association for Computing Machinery (en en )). Arquivado dende o orixinal o 2020-06-06.
- ↑ Wadern, Schloss Dagstuhl-Leibniz-Zentrum für Informatik GmbH, 66687. "Schloss Dagstuhl: Dr. Michael Ley to receive the ACM Distinguished Service Award". www.dagstuhl.de (en inglés). Consultado o 2021-01-23.
- ↑ Ley, Michael; Reuther, Patrick (2006). "Maintaining an Online Bibliographical Database: The Problem of Data Quality" (PDF). Extraction et Gestion des Connaissances 2006. EGC 2006. Revue des Nouvelles Technologies de l'Information (en inglés). pp.5–10. ISBN2-85428-718-5. Consultado o 2020-11-04.
- ↑ "What is the meaning of the acronym dblp?". FAQ. DBLP (en inglés). Consultado o 2018-03-13.