VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Dieppe

⇱ Dieppe - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
👁 Modelo:Xeografía política
Dieppe

Localización
👁 Image
👁 Editar o valor en Wikidata
👁 Mapa
49°55′30″N 1°04′30″L / 49.925, 1.075
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsNormandía
DepartamentoSeine-Maritime
Distritoarrondissement of Dieppe (en) 👁 Traducir
Cantóncanton of Dieppe-Est (en) 👁 Traducir
👁 Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación28.496 (2023) 👁 Editar o valor en Wikidata
(2.441,82 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921403 👁 Traducir

Q3550996 👁 Traducir
👁 Editar o valor en Wikidata
Superficie11,67 km² 👁 Editar o valor en Wikidata
Altitude6 m-0 m-94 m-48 m 👁 Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Evento clave
Organización política
Mayor of Dieppe (en) 👁 Traducir
👁 Editar o valor en Wikidata
Sébastien Jumel (2008–) 👁 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal76200 e 76370 👁 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Sitio webdieppe.fr 👁 Editar o valor en Wikidata
👁 Facebook: villedieppe
👁 Twitter: dieppefr
👁 Instagram: villededieppe
👁 BNE: XX5017530
👁 Editar o valor en Wikidata

Dieppe é un concello francés situada no departamento de Seine-Maritime da rexión de Normandía. A súa superficie é de 11.67km2 e a poboación de 29.080 habitantes[1].

A localidade, coñecida popularmente como a "vila dos catro portos" (Transmanche, o porto do comercio, o porto da pesca e o porto do pracer) está na costa da Mancha, a 60km ao norte de Ruán e a 170 de París, na foz do Arques no profundo val que separa a chaira de Pays de Caux do Petit-Caux.

Existen na zona algúns restos da época galo-romana pero a localidade data do establecemento dos viquingos no ano 910 na foz do Tella, que denominaron Djúpr (a profunda) ou Djúpá (a ribeira profunda), os pescadores ocuparon esporadicamente o lugar para pescar arenque, a primeira mención do lugar data de 1030 nunha carta que menciona un pequeno porto de pesca chamado Dieppe próximo ao castelo de Arques. Logo da conquista de Inglaterra o pequeno porto pesqueiro desenvolveu nunha importante ligazón entre Normandía e Inglaterra.

Ao longo da súa historia a localidade quedou completamente destruída dúas veces, a primeira en 1195 polas tropas de Filipe II e a segunda en agosto de 1694 por unha frota anglo-neerlandesa dirixida polo almirante Berkeley, que quería destruír as posicións dos corsarios franceses, que operaban na canle da Mancha. E así Dieppe debe a súa aparencia barroca á súa reconstrución posterior.