Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| GameSpot |
|---|
|
|
|
|
| Datas |
|---|
|
Fundación / creación
|
|
| Localización |
|---|
|
Situado en
| |
Lugar de publicación
|
|
| Códigos e identificadores |
|---|
|
|
| Fontes e ligazóns |
|---|
|
Páxina WEB
| |
|
| WikidataC:Commons |
GameSpot é unha páxina web especializada en videoxogos que achega novas, análises, recensións e informacións relevantes sobre os xogos lanzados no mercado. O sitio web foi creado en maio de 1996 por Pete Deemer, Vince Broady e Jon Epstein.[1] Foi comprado pola ZDNet, unha marca que, tempos despois, foi adquirida pola CNET, a actual dona de GameSpot. O enderezo web de GameSpot.com é un dos sitios web máis consultados do mundo, de acordo co servizo Alexa Internet.
En xaneiro de 1996, Pete Deemer, Vince Broady e Jon Epstein renunciaron ós seus postos en IDG e founded SpotMedia Communications.[2][3][4] SpotMedia lanzou GameSpot o 1 de maio de 1996.[4] Orixinalmente, GameSpot só se centrou en videoxogos de ordenador, polo que a páxina irmá VideoGameSpot foi lanzada o 1 de decembro de 1996.[4][5]