Grant Allen, nado en Kingston, Ontario, en 1848 e finado en Haslemere, Surrey, en 1899, foi un escritor científico e novelista canadense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Joseph Antisell Allen, un pastor protestante irlandés[1][2], estudou en Irlanda e Francia, e en 1873 foi empregado como profesor en Xamaica. Allen, a pesar da súa formación relixiosa, tiña unha ideoloxía agnóstica e socialista. En 1876 regresou a Inglaterra, onde gañou reputación cos seus escritos científicos e obras literarias.
Os seus primeiros libros foron de divulgación científica como Physiological Æsthetics (1877) e Flowers and Their Pedigrees. Entre 1884 e 1899 escribiu 30 novelas, The Woman Who Did (1895) foi a máis popular, conta a historia dunha muller independente que ten un fillo fóra do matrimonio.
Obras
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Textos dixitais de Grant Allen Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine.
- Sitio dedicado a Grant Allen (en inglés)
