| Hungaroring | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Mogyoród 👁 Editar o valor en Wikidata | |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| WikidataC:Commons | |||||||||||
Hungaroring é un autódromo localizado nas proximidades de Budapest, Hungría, que alberga anualmente o Gran Premio de Hungría de Fórmula 1. Foi o primeiro Gran Premio da categoría en realizarse tras o Pano de aceiro en 1986.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Bernie Ecclestone quería organizar unha carreira na URSS, pero un amigo húngaro recomendoulle Budapest. Querían un circuíto urbano similar á Mónaco que se construiría no parque público de Népliget[2] o parque máis grande de Budapest, pero o goberno decidiu construír un novo circuíto nos arredores da cidade[3] preto dunha estrada importante. As obras de construción comezaron o 1 de outubro de 1985. Construíuse en oito meses, menos tempo que calquera outro circuíto de Fórmula Un. A primeira carreira celebrouse o 24 de marzo de 1986, en memoria de János Drápal, o primeiro húngaro que gañou unha carreira nun Gran Premio de motociclismo. Segundo unha enquisa elaborada pola oficina de turismo nacional de Hungría, Mogyoród ocupa o terceiro lugar entre os destinos húngaros visitados polos turistas, por detrás da area da Curva do Danubio e o Lago Balaton, pero por diante de Budapest.[4] O circuíto ten licenza FIA Grao 1.[5]
Descrición
[editar | editar a fonte]O Gran Premio dispútase no medio do verán, que adoita ser moi caloroso e seco nesta rexión. A súa primeira carreira de Gran Premio con choiva foi en 2006. O circuíto xeralmente está cuberta de po debido á infrautilización en todo o resto do ano e ao seu chan areoso. Como o circuíto atópase nun val preto do 80 por cento da pista pódese ver desde calquera punto.[6]
En condicións normais, un circuíto pouco transitado caracterízase polo feito de volverse máis rápido a medida que a pista se vai engomando durante a fin de semana. No entanto, este non é o caso de Hungaroring, xa que un maior tránsito implica maior cantidade de po na pista, o cal compensa o efecto positivo do caucho sobre o asfalto. Por esta mesma razón, o circuíto favorece a aqueles pilotos que saen antes que os demais nas roldas de clasificación.
As características do autódromo (con moitas curvas, fochancas e abundante po fóra da liña de carreira)[7] fan que os adiantamentos non sexan frecuentes. Por iso, asóciase a Hungaroring con carreiras procesionais e pobres en emocións. Aínda así, Hungaroring foi escenario de varias carreiras memorables, como os duelos de Nelson Piquet e Ayrton Senna, a perda da roda de Nigel Mansell en 1987, a vitoria de Mansell desde o 12º lugar na grella logo dun adiantamento dramático a Ayrton Senna en 1989, o segundo posto de Damon Hill con Arrows en 1997, o cambio de estratexia de Michael Schumacher para vencer aos McLaren de Mika Häkkinen e David Coulthard en 1998 e as vitorias de Hill en 1993, Fernando Alonso en 2003, Jenson Button en 2006 no primeiro Gran Premio coa pista mollada,[8] Heikki Kovalainen en 2008, e a segunda vitoria para Daniel Ricciardo en 2014, superando ao Mercedes de Lewis Hamilton e o Ferrari de Alonso utilizando pneumáticos brandos moi degradados na penúltima volta, logrando unha vitoria incrible.
Características
[editar | editar a fonte]- Capacidade espectadores: 70.000
- Lonxitude do circuíto: 4´381 quilómetros.
- Distancia da carreira de Fórmula 1: 70 voltas = 306´670 quilómetros. 14 curvas en total (8 a dereita e 6 a esquerda).
- Configuración aerodinámica: alta/moi alta. Velocidade máxima estimada 305km/h con DRS, 295km/h sen DRS
- Aceleración a fondo: 55% do tempo de volta.
- Tempo de freado: 14% do tempo da volta.
- Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
- Consumo de combustible: kg por volta.
- Cambio de marchas por volta:
- Número de zonas de freado:
- Desgaste dos freos: alto
- Desgaste dos pneumáticos: medio
- Distancia dos Boxes:
- Perda de tempo nunha parada en boxes:
- Tempo total necesario para a parada en boxes: 16 segundos (media)
- Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10kg de combustible transportado): 0´35 segundos.
- Marca volta: Lewis Hamilton, Mercedes – 1’16.627 en 2020
Pilotos
[editar | editar a fonte]Hungaroring coroou dous pilotos nos seus 20 anos de historia: tanto Nigel Mansell en 1992 e Michael Schumacher en 2001 lograron aquí o título de Campión do Mundo. Por outra banda, o equipo WilliamsF1 tamén logrou o campionato de construtores en Hungaroring en 1996.
Tanto o húngaro Zsolt Baumgartner como o polaco Robert Kubica fixeron o seu debut nesta pista como os primeiros pilotos de F1 dos seus países.
O Gran Premio de Hungría de 2006 foi o primeiro gran premio baixo a chuvia en Hungaroring. Viu a retirada de moitos pilotos, incluíndo os candidatos ao campionato Fernando Alonso e Michael Schumacher e deu a Jenson Button e o renacido equipo Honda a súa primeira vitoria. Fernando Alonso con Renault tamén obtivo aquí a súa primeira vitoria nun Gran Premio en 2003, como resultado declarou que é o seu circuíto favorito.
De acordo ás declaracións e entrevistas, os pilotos teñen diferentes opinións sobre a pista. Mentres que moitos, como Ayrton Senna, Nigel Mansell, Michael Schumacher, Lewis Hamilton, e Fernando Alonso encántalles, moitos outros consideran a pista demasiado lenta, quente e esixente[Cómpre referencia].
A pista nomeou varias curvas curvas: A curva 4 leva o nome de Nigel Mansell, onde perdeu unha roda durante o Gran Premio de Hungría de 1987. A curva 11 leva o nome de Jean Alesi tralo seu grande accidente alí durante a cualificación para o Gran Premio de Hungría de 1995.
O sábado 25 de xullo de 2009, na segunda rolda de clasificación para o Gran Premio de Hungría en Hungaroring, o piloto de Ferrari Felipe Massa resultou ferido na cabeza, aínda que protexido polo casco o piloto foi golpeado por un resorte de suspensión que caera do Brawn GP de Rubens Barrichello durante a carreira a alta velocidade. Quedou inconsciente, e posteriormente estrelouse de fronte contra unha barreira de pneumáticos. Massa foi posteriormente trasladado en helicóptero ao hospital AEK de Budapest, onde foi sometido a unha cirurxía na zona que rodea o ollo esquerdo. A súa condición foi descrita inicialmente como "moi grave, pero estable", pero mellorou rapidamente. Massa foi dado de alta do hospital a semana seguinte e regresou a Brasil. Logo de máis probas, decidiuse que Massa necesitaba unha placa de titanio inserida no cranio.
Os afeccionados
[editar | editar a fonte]Aínda que a maioría dos afeccionados estranxeiros son de Alemaña e Austria, Hungaroring tamén viu tradicionalmente unha grande afluencia de afeccionados finlandeses, isto atribúese especialmente á falta dun Gran Premio escandinavo. Coa perda da Gran Premio de Austria en 2003, converteuse no evento da Fórmula 1 máis próximo para os afeccionados doutros países de Europa central. Pero, o Gran Premio de Austria regresou de novo en 2014. A carreira de 2006 viu a moitos espectadores de Polonia debido ao debut do seu primeiro piloto de Fórmula Un, Robert Kubica.
Algúns din que Hungaroring é similar en estilo ao Circuíto de Mónaco, polas súas curvas pechadas e reviradas. O primeiro cambio no deseño da pista levouse a cabo en 1989, cando a chicana logo da actual curva tres (unha medida temporal feita durante a construción debido ao descubrimento dun manancial) eliminouse. En 2003, a recta principal alargouse en aproximadamente 200 m., e a forquita ao final da recta tamén se estreitou coa intención de facilitar a máis oportunidades de adiantamento, así como un estreitamento na curva 13.
O contrato prolongouse ata 2021,[9] aínda que a publicidade do tabaco está prohibida desde 2007.
Hungaroring é a base do automobilismo en Hungría. Ademais da Fórmula Un, tamén foi sede de carreiras da DTM e Campionato FIA GT. En 2011, foi sede da primeira edición da FIA WTCC Race of Hungary. Unha carreira pública de drag dispútase cada mes.
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Mogyoród
[editar | editar a fonte]| Nº | Ano | Piloto | Construtor | Motor | Pneu. | Tempo | Lonxitude | Voltas | Velocidade | Data | GP de |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 1986 | 👁 Image Nelson Piquet |
Williams | Honda | G | 2:00:34,508 h | 4,014km | 76 | 151,804km/h | 10. agosto | 👁 Hungría Hungría |
| 2 | 1987 | 👁 Image Nelson Piquet |
Williams | Honda | G | 1:59:26,793 h | 4,014km | 76 | 153,239km/h | 9. agosto | |
| 3 | 1988 | 👁 Image Ayrton Senna |
McLaren | Honda | G | 1:57:47,081 h | 4,014km | 76 | 155,401km/h | 7. agosto | |
| 4 | 1989 | 👁 Image Nigel Mansell |
Ferrari | Ferrari | G | 1:49:38,650 h | 3,968km | 77 | 167,197km/h | 13. agosto | |
| 5 | 1990 | 👁 Bélxica Thierry Boutsen |
Williams | Renault | G | 1:49:30,597 h | 3,968km | 77 | 167,402km/h | 12. agosto | |
| 6 | 1991 | 👁 Image Ayrton Senna |
McLaren | Honda | G | 1:49:12,796 h | 3,968km | 77 | 167,857km/h | 11. agosto | |
| 7 | 1992 | 👁 Image Ayrton Senna |
McLaren | Honda | G | 1:46:19,216 h | 3,968km | 77 | 172,424km/h | 16. agosto | |
| 8 | 1993 | 👁 Image Damon Hill |
Williams | Renault | G | 1:47:39,098 h | 3,968km | 77 | 170,292km/h | 15. agosto | |
| 9 | 1994 | 👁 Alemaña Michael Schumacher |
Benetton | Ford | G | 1:48:00,185 h | 3,968km | 77 | 169,737km/h | 14. agosto | |
| 10 | 1995 | 👁 Image Damon Hill |
Williams | Renault | G | 1:46:25,721 h | 3,968km | 77 | 172,248km/h | 13. agosto | |
| 11 | 1996 | 👁 Image Jacques Villeneuve |
Williams | Renault | G | 1:46:21,134 h | 3,968km | 77 | 172,372km/h | 11. agosto | |
| 12 | 1997 | 👁 Image Jacques Villeneuve |
Williams | Renault | G | 1:45:47,149 h | 3,968km | 77 | 173,295km/h | 10. agosto | |
| 13 | 1998 | 👁 Alemaña Michael Schumacher |
Ferrari | Ferrari | G | 1:45:25,550 h | 3,972km | 77 | 174,062km/h | 16. agosto | |
| 14 | 1999 | 👁 Finlandia Mika Häkkinen |
McLaren | Mercedes | B | 1:46:23,536 h | 3,972km | 77 | 172,481km/h | 15. agosto | |
| 15 | 2000 | 👁 Finlandia Mika Häkkinen |
McLaren | Mercedes | B | 1:45:33,869 h | 3,975km | 77 | 173,965km/h | 13. agosto | |
| 16 | 2001 | 👁 Alemaña Michael Schumacher |
Ferrari | Ferrari | B | 1:41:49,675 h | 3,975km | 77 | 180,348km/h | 19. agosto | |
| 17 | 2002 | 👁 Image Rubens Barrichello |
Ferrari | Ferrari | B | 1:41:49,001 h | 3,975km | 77 | 180,368km/h | 18. agosto | |
| 18 | 2003 | 👁 España Fernando Alonso |
Renault | Renault | M | 1:39:01,460 h | 4,381km | 70 | 185,811km/h | 24. agosto | |
| 19 | 2004 | 👁 Alemaña Alemaña |
Ferrari | Ferrari | B | 1:35:26,131 h | 4,381km | 70 | 192,802km/h | 15. agosto | |
| 20 | 2005 | 👁 Finlandia Kimi Räikkönen |
McLaren | Mercedes | M | 1:37:25,552 h | 4,381km | 70 | 188,859km/h | 31. xullo | |
| 21 | 2006 | 👁 Image Jenson Button |
Honda | Honda | M | 1:52:20,941 h | 4,381km | 70 | 163,773km/h | 6. agosto | |
| 22 | 2007 | 👁 Image Lewis Hamilton |
McLaren | Mercedes | B | 1:35:52,991 h | 4,381km | 70 | 191,898km/h | 5. agosto | |
| 23 | 2008 | 👁 Finlandia Heikki Kovalainen |
McLaren | Mercedes | B | 1:37:27,067 h | 4,381km | 70 | 188,684km/h | 3. agosto | |
| 24 | 2009 | 👁 Image Lewis Hamilton |
McLaren | Mercedes | B | 1:38:23,876 h | 4,381km | 70 | 186,973km/h | 26. xullo | |
| 25 | 2010 | 👁 Australia Mark Webber |
Red Bull | Renault | B | 1:41:05,571 h | 4,381km | 70 | 181,989km/h | 1. agosto | |
| 26 | 2011 | 👁 Image Jenson Button |
McLaren | Mercedes | P | 1:46:42,337 h | 4,381km | 70 | 172,416km/h | 31. xullo | |
| 27 | 2012 | 👁 Image Lewis Hamilton |
McLaren | Mercedes | P | 1:41:05,503 h | 4,381km | 69 | 179,391km/h | 29. xullo | |
| 28 | 2013 | 👁 Image Lewis Hamilton |
Mercedes | Mercedes | P | 1:42:29,445 h | 4,381km | 70 | 179,507km/h | 28. xullo | |
| 29 | 2014 | 👁 Australia Daniel Ricciardo |
Red Bull | Renault | P | 1:53:05,058 h | 4,381km | 70 | 162,691km/h | 27. xullo | |
| 30 | 2015 | 👁 Alemaña Sebastian Vettel |
Ferrari | Ferrari | P | 1:46:09,985 h | 4,381km | 69 | 170,816km/h | 26. xullo | |
| 31 | 2016 | 👁 Image Lewis Hamilton |
Mercedes | Mercedes | P | 1:40:30,115 h | 4,381km | 70 | 183,059km/h | 24. xullo | |
| 32 | 2017 | 👁 Alemaña Sebastian Vettel |
Ferrari | Ferrari | P | 1:39:46,713 h | 4,381km | 70 | 184,386km/h | 30. xullo | |
| 33 | 2018 | 👁 Image Lewis Hamilton |
Mercedes | Mercedes | P | 1:37:16,427 h | 4,381km | 70 | 189,668km/h | 29. xullo | |
| 34 | 2019 | 👁 Image Lewis Hamilton |
Mercedes | Mercedes | P | 1:35:03,796 h | 4,381km | 70 | 193,532km/h | 4. agosto | |
| 35 | 2020 | 👁 Image Lewis Hamilton |
Mercedes | Mercedes | P | 1:36:12,473 h | 4,381km | 70 | 191,230km/h | 19. xullo | |
| 36 | 2021 | 👁 Francia Esteban Ocon |
Alpine | Renault | P | 2:04:43,200 h | 4,381km | 70 | 147,512km/h | 1. agosto | |
| 37 | 2022 | 👁 Países Baixos Max Verstappen |
Red Bull | RBPT | P | 1:39:35.912 h | 4,381km | 70 | km/h | 31. xullo | |
| 38 | 2023 | 👁 Países Baixos Max Verstappen |
Red Bull | Honda RBPT | P | 1:38:08,634 h | 4,381km | 70 | 187,478km/h | 23. xullo | |
| 39 | 2024 | 👁 Australia Oscar Piastri |
McLaren | Mercedes | P | 1:38:01,989 h | 4,381km | 70 | 187,694km/h | 22. xullo | |
| 40 | 2025 | 👁 Image Lando Norris |
McLaren | Mercedes | P | 1:35:21.231 h | 4,381km | 70 | 192,968 km/h | 3. agosto |
Récords
Piloto: Lewis Hamilton (8), Michael Schumacher (4), Ayrton Senna (3)
Nacionalidade: Reino Unido (13), Brasil/Alemaña (ambos 6)
Construtor: McLaren (12), Ferrari/Williams (ambos 7)
Motor: Mercedes (14), Renault (9), Ferrari (7)
Pneus: Pirelli (14), Goodyear (13), Bridgestone (9)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hungarian Grand Prix". CNN. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2007. Consultado o 2008-02-24.
- ↑ "Formula One:a way of fine-tuning an image". International Herald Tribune. 2003-09-26. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2008. Consultado o 2008-02-25.
- ↑ "Hungaroring, Hungary". BBC News. 2007-06-29. Consultado o 2008-02-18.
- ↑ "Formula one races draw in fewer fans in Europe". American Chamber of Commerce in Hungary. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2006. Consultado o 2008-03-02.
- ↑ "LIST OF FIA LICENSED CIRCUITS" (PDF). FIA. 6 de febreiro de 2015. Consultado o 28 de maio de 2015.
- ↑ "Welcome". Hungaroring Sport Plc. Consultado o 2008-02-25.
- ↑ "Formula One: Think it's a joyride? Try some laps on Hungary's course". International Herald Tribune. 2002-08-17. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2011. Consultado o 2008-02-27.
- ↑ "A history of the Hungarian Grand Prix". ESPN F1. ESPN EMEA Ltd. Consultado o 2010-08-23.
- ↑ Ledsom, Mark; Ken Ferris (2008-08-03). "Motor racing-Hungarian GP gets extension to 2016". Reuters. Consultado o 2009-04-07.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
