VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/IUCN

⇱ Unión Internacional para a Conservación da Natureza - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «IUCN»)
Unión Internacional para a Conservación da Natureza
Instancia de
Nome curto
Nome orixinal
Union internationale pour la conservation de la nature (fr) 👁 Editar o valor en Wikidata
Nome oficial
Union internationale pour la conservation de la nature et de ses ressources (fr)
International Union for Conservation of Nature and Natural Resources (en)
Unión Internacional para la Conservación de la Naturaleza y de losRecursos Naturales (es) 👁 Editar o valor en Wikidata
Características
Forma xurídica
Industria
Produto ou servizo
Implicados
Persoas relevantes
Presidente/a
Director/a executivo/a
En sociedade con
Ten en propiedade
Entidades subsidiarias
Datas
Fundación / creación
5 de outubro de 1948 👁 Editar o valor en Wikidata
Historia
Premios e distincións
Cifras e dimensións
Cadro de persoal1089 (2024) 👁 Editar o valor en Wikidata
Orzamento193728000 Fr (2024) 👁 Editar o valor en Wikidata
Ingresos totais196873000 Fr (2024) 👁 Editar o valor en Wikidata
Beneficio neto6313000 Fr (2024) 👁 Editar o valor en Wikidata
Activos totais224161000 Fr (31 de decembro de 2024) 👁 Editar o valor en Wikidata
Localización
Situado en
Sede
Área de operación
Lugar de formación
Códigos e identificadores
VIAF135664451 👁 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000084862070 👁 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0ptqy 👁 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Páxina WEB
Teléfono
Correo
WikidataC:Commons

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), (en inglés:International Union for Conservation of Nature and Natural Resources, IUCN), é unha organización internacional dedicada á conservación dos recursos naturais.

Fundada en 1948, ten a súa sede en Gland (Suíza). A IUCN reúne 78 estados, 112 axencias de goberno, 735 ONGs e miles de expertos e científicos de 181 países.

A misión da IUCN é influenciar, estimular e asistir sociedades en todo o mundo na conservación da integridade e biodiversidade da natureza, e asegurar que calquera uso dos recursos naturais sexa equitativo e ecoloxicamente sustentábel.

As Categorías de Áreas de Manexo Protexido que existen son as seguintes:

  • Ia - Reserva Estrita da Natureza
Área de terra e/ou mar que posúe algún ecosistema, aspecto e/ou tipo xeolóxico ou fisiolóxico, importante ou representativo, dispoñíbel primariamente para investigación científica e/ou monitoramento ambiental.
  • Ib - Área Salvaxe
Grande área de terra e/ou mar non modificada ou pouco modificada, que mantén o seu carácter e influencia naturais, sen habitación permanente ou significativa, que é protexida e manexada de modo a preservar a súa condición natural.
  • II - Parque Nacional
Área natural de terra e/ou mar, destinada a:
  1. protexer a integridade ecolóxica dun ou máis ecosistemas para a xeración actual e as futuras;
  2. excluír a exploración ou ocupación inimiga dos propósitos indicados para a área;
  3. fornecer unha base para oportunidades espirituais, científicas, educativas, recreativas e de visita, que deben ser todas ambiental e culturalmente compatíbeis.
  • III - Monumento Natural
Área contendo unha, ou máis, características naturais ou culturais que son de valor significativo ou único debido á súa rareza, calidades representativas ou estéticas, ou significado cultural inherente.
  • IV - Área de Manexo de Hábitat/Especie
Área de terra e/ou mar suxeita a intervención activa co propósito de manexo para garantir a manutención de hábitats e/ou satisfacer as necesidades de especies específicas.
  • V - Paisaxe/Costa Protexida
Área de terra ligada á costa e ao mar, onde a interacción entre persoas e natureza ao longo do tempo produciu unha área de carácter distinto con valor estético, ecolóxico e/ou cultural significativo, xeralmente con grande diversidade biolóxica. Salvagardar a integridade desta interacción tradicional é vital para a protección, manutención e evolución de tal área.
  • VI - Área Protexida de Manexo de Recursos
Área que contén predominantemente sistemas naturais non modificados, manexada para garantir protección e manutención a longo prazo da diversidade biolóxica, aínda que suplindo ao mesmo tempo un fluxo sustentábel de produtos naturais e servizos para satisfacer as necesidades da comunidade.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazón externa

[editar | editar a fonte]