VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Istanbul_Park

⇱ Circuíto de Istanbul - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Istanbul Park»)
Circuíto de Istanbul
Tuzla 👁 Editar o valor en Wikidata
Instancia de
Nome orixinal
İstanbul Park (tr) 👁 Editar o valor en Wikidata
Deporte
Deporte
Número de eventos xogados
Implicados
Usado por
Arquitecto/a
Propietario/a
Datas
Fundación / creación
Historia
Gran Premio de Turquía 👁 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Lonxitude5,338 km 👁 Editar o valor en Wikidata
Localización
Situado en
Localización
Coordenadas
Códigos e identificadores
Freebase/m/04vhv9 👁 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Páxina WEB
WikidataC:Commons

O Circuíto de Istanbul ou Parque de Istanbul (en turco: Ístanbul Park), é un autódromo localizado no lado asiático de Istanbul, Turquía.

Foi construído para ser sede do Gran Premio de Turquía de Fórmula 1. Rodeado por bosques e parques, áchase situado preto da intersección de Kurtköy, no norte da autoestrada TEM, que comunica Istanbul con Ankara. Xunto ao circuíto, atópase o recentemente construído Aeroporto Internacional Sabiha Gökçen.

Cunha superficie total de 2215 millóns de metros cadrados, o circuíto percórrese en sentido contrario ás agullas dun reloxo, e ten unha lonxitude de 5.340 metros, cun largo medio de 15 m e variacións entre 12,5 e 21,5 m. O trazado presenta 14 curvas en total (seis cara á dereita e oito cara á esquerda), entre as cales a máis pechada ten un raio de apenas 15 metros. Cunha recta principal de máis de 650 metros de extensión, o circuíto ten 4 niveis de altura diferentes. En 2005 estimouse que a máxima velocidade alcanzable por un auto de Fórmula 1 sería en 320,5km/h.

Tanto o circuíto como as instalacións que o rodean foron proxectados polo arquitecto alemán Hermann Tilke, quen afirmou que deseñou o trazado de forma tal que "sacase aos pilotos da pista". O primeiro Gran Premio de Turquía caracterizouse xustamente pola gran cantidade de descoidos ocorridos durante toda a fin de semana.

Unha das curvas que máis chamou a atención no primeiro Gran Premio foi a número 8. Trátase dun curvón de alta velocidade con catro ápices, na cal moitos dos pilotos perderon o control dos seus autos. Tanto espectadores como pilotos eloxiaron a curva 8, comparándoa con curvas históricas tales como Eau Rouge e 130R. Ata se chegou a comparar ao circuíto co trazado belga de Spa-Francorchamps.

O circuíto de Turquía, con todo, non estivo exento de críticas. Tras as probas de clasificación do Gran Premio de Turquía de 2005, o piloto Jenson Button manifestou que a pista ondularase ao longo da fin de semana, e que este problema acentuouse particularmente na curva 8, causando así os numerosos descoidos. Estas declaracións fixeron recordar á situación do Circuíto Internacional de Xangai, tamén deseñado por Tilke, do cal díxose que se está afundindo en certos sectores por ser construído sobre terras pantanosas. Jarno Trulli mostrouse indiferente cando se lle pediu opinión sobre o autódromo, manifestando que o trazado era fácil de aprender e que unha boa condución dependería máis da máquina que do piloto[1].

O autódromo albergou carreiras da FIA e do WTCC, así como tamén competencias de FIA GP, FIA GP2 e DTM. Entre os eventos programados para o futuro, atópanse carreiras de MotoGP e dos 1000km de Le Mans.

Características

[editar | editar a fonte]
👁 Image
Recta principal do circuíto de Istanbul.
  • Capacidade espectadores: 125.000
  • Lonxitude do circuíto: 5´338 quilómetros.
  • Distancia da carreira de Fórmula 1: 58 voltas = 309´396 quilómetros. 14 curvas en total (6 dereita, 8 esquerda).
  • Configuración aerodinámica: alta. Velocidade máxima estimada -km/h con DRS, -km/h sen DRS
  • Aceleración a fondo: 65% do tempo de volta.
  • Tempo de freado: 10% do tempo da volta.
  • Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
  • Consumo de combustible: 2´42 kg por volta.
  • Cambio de marchas por volta:
  • Número de zonas de freado:
  • Desgaste dos freos:
  • Desgaste dos pneumáticos:
  • Distancia dos Boxes:
  • Perda de tempo nunha parada en boxes:
  • Tempo total necesario para a parada en boxes: - segundos (media)
  • Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10kg de combustible transportado): - segundos.
  • Marca volta: 1:24.770 Juan Pablo Montoya McLaren (2005)

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Istanbul

[editar | editar a fonte]
AnoPilotoConstrutorMotorPneus.TempoLonxitudeVoltasVelocidadeDataGP de
1 2005 👁 Finlandia
Kimi Räikkönen
McLaren Mercedes M 1:24:34,454 h 5,338km 58 219,497km/h 21. agosto 👁 Image
Turquía
2 2006 👁 Image
Felipe Massa
Ferrari Ferrari B 1:28:51,082h 5,338km 58 208,903km/h 27. agosto
3 2007 👁 Image
Felipe Massa
Ferrari Ferrari B 1:26:42,161h 5,338km 58 214,081km/h 26. agosto
4 2008 👁 Image
Felipe Massa
Ferrari Ferrari B 1:26:49,451h 5,338km 58 213,809km/h 11. maio
5 2009 👁 Image
Jenson Button
Brawn Mercedes B 1:26:24.848h 5,338km 58 214,823km/h 7. xuño
6 2010 👁 Image
Lewis Hamilton
McLaren Mercedes B 1:28:47.620h 5,338km 58 209,066km/h 30. maio
7 2011 👁 Alemaña
Sebastian Vettel
Red Bull Renault P 1:30:17,558h 5,338km 58 205,734km/h 8. maio
8 2020 👁 Image
Lewis Hamilton
Mercedes Mercedes P 1:42:19,313h 5,338km 58 181,425km/h 15. novembro
9 2021 👁 Finlandia
Valtteri Bottas
Mercedes Mercedes P 1:31:04,103h 5,338km 58 203,844km/h 10. outubro

Récords
Piloto: Felipe Massa (3)• País: 👁 Image
Brasil/👁 Reino Unido
Reino Unido (ambos 3)• Construtor: Ferrari (3)• Motor: Mercedes (5)• Pneus.: Bridgestone (5)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]