VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Khildeberto_I

⇱ Childeberto I - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Khildeberto I»)
👁 Modelo:Biografía
Childeberto I
👁 Image

👁 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc.497 👁 Editar o valor en Wikidata

Reims 👁 Editar o valor en Wikidata
Morte23 de decembro de 558 👁 Editar o valor en Wikidata
(60/61 anos)
París 👁 Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Saint-Denis 👁 Editar o valor en Wikidata
Rei dos francos
👁 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca 👁 Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Participou no conflitoSiege of Caesaraugusta (en) 👁 Traducir
👁 Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloCo-king of Burgundy (en) 👁 Traducir
(534–558)
Rei merovinxio de Orleáns (524–558)
Rei dos francos (511–558) 👁 Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Merovinxia 👁 Editar o valor en Wikidata
CónxuxeUltrogothe 👁 Editar o valor en Wikidata
FillosCrodesinde,Crotberg 👁 Editar o valor en Wikidata
PaisClodoveo I 👁 Editar o valor en Wikidata
eClotilde da Borgoña 👁 Editar o valor en Wikidata
IrmánsClodomiro
Teodorico I, rei franco
Clotario I
Ingomer
Clotilde 👁 Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie
The Nuttall Encyclopædia>>>:Childerbert I.
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron 👁 Editar o valor en Wikidata
👁 BNE: XX5658048
👁 WikiTree: Merovingian-5
👁 Find a Grave: 21071
👁 Editar o valor en Wikidata
👁 Image
Estatua de Khildeberto I que se conserva no Louvre

Childeberto I, nado en 497 e finado en 558, foi un rei franco e un dos catro fillos de Clodoveo I.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Á morte do seu pai, no 511, o reino dividiuse entre os seus catro fillos e el herdou a cidade de París e o territorio que comprendía polo norte ata o río Somme e polo oeste ata a Canle da Mancha. Converteuse en rei de París.

Á morte do seu irmán Clodomiro, rei de Orleáns, coa axuda do seu outro irmán Clotario, rei de Soissons, fixo degolar aos seus sobriños para apropiarse da herdanza. Converteuse en rei de Orleáns.

No 534, axudado por Clotario, conquistou o reino burgundio (Borgoña). Este novo reino foi cogobernado entre eles.

Fixo varias expedicións contra os visigodos de Hispania. No ano 542 apropiouse de Pamplona coa axuda do seu irmán Clotario I. Cercou Zaragoza, pero foi forzado a retirarse. Desta expedición levou a París unha preciosa reliquia, a túnica de San Vicente, en honor de quen fixo construír ás portas de París o famoso mosteiro de San Vicente, coñecido posteriormente como Saint Germain-des-Prés, Francia.

No 558, morreu sen descendencia, e Clotario apoderouse do seu reino e reunificou o reino de Clodoveo.