VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Lafita

⇱ Ángel Lafita - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lafita»)
👁 Modelo:Biografía
Ángel Lafita
👁 Image

👁 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de agosto de 1984 👁 Editar o valor en Wikidata
(41 anos)
Zaragoza 👁 Editar o valor en Wikidata
Altura188 cm 👁 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista 👁 Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2003 👁 Editar o valor en Wikidata
- 2018 👁 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol 👁 Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo 👁 Editar o valor en Wikidata
Número deportivo17 👁 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria 👁 Editar o valor en Wikidata
Equipo 👁 Número de eventos xogados
👁 Puntos/goles/tantos anotados
2003–2005 Deportivo Aragón 63(6)
2005–2008 👁 Image
Real Zaragoza
41(1)
2007–2008 cesión: 👁 Image
Deportivo da Coruña
24(3)
2008–2009 👁 Image
Deportivo da Coruña
33(8)
2009–2012 👁 Image
Real Zaragoza
91(10)
2012–2016 👁 Image
Getafe CF
84(14)
2016– Al-Jazira Club
Familia
PaiJuan Lafita 👁 Editar o valor en Wikidata
IrmánsIgnacio Lafita Castillo 👁 Editar o valor en Wikidata

Ángel Lafita Castillo, nado en Zaragoza o 7 de agosto de 1984, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu actual club é o Al Jazira Club.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A maior parte da súa carreira deportiva está ligada ao Real Zaragoza onde debutou na xornada 1ª da tempada 2005−06, nun partido que enfrontaba ao Atlético de Madrid e ao Real Zaragoza (0−0). Familiarmente tamén está relacionado con outros dous ex zaragocistas, pois é fillo de Juan Ángel Lafita Garrido e sobriño de Francisco Javier Pérez Villarroya. O seu irmán, Ignacio, tamén é futbolista.

As súas condicións como xogador son as dunha torre de case 1,90 metros, gran velocidade e moira chegada á área. No ano 2007, Lafita foi traspasado ao Deportivo da Coruña, gardándose o Real Zaragoza unha opción de recompra para as tres seguintes tempadas.

Durante a súa primeira tempada no Dépor, e tras realizar unha discreta primeira volta, firmou grandes actuacións contra diversos clubs que conseguiron que adquirise o recoñecemento da afección. Na segunda volta marcou tres goles máis. Na súa segunda campaña como branquiazul, despois de superar unha apendicite volveu marcar un gol contra o Valencia CF e na xornada seguinte contra o Numancia. Máis tarde marcaría dous goles máis fronte ao Real Betis.

Na tempada 2008−09 foi clave nos esquemas de Miguel Ángel Lotina, converténdose, a final de tempada, no máximo goleador do equipo coruñés con 8 tantos. Tras as súas destacadas actuacións na Liga BBVA o seleccionador nacional, Vicente del Bosque, planteouse convocalo para a selección española. Clubs importantes como o Liverpool FC ou o Atlético de Madrid seguiron durante a tempada detalladamente a progresión de Ángel Lafita de cara a unha futura incorporación.

O 31 de agosto de 2009, a falta duns minutos para o peche do mercado de fichaxes, o Real Zaragoza fixo efectivo un pago de 2 millóns de euros polo xogador para exercer a súa opción de recompra, pero o Deportivo negouse a traspasalo alegando que o pago debía ser de 3,5 millóns de euros máis IVE. Isto provocou o enfrontamento entre as directivas de ambos clubs que interpretaban dita cláusula de diferente xeito tanto nas datas como nas cantidades que se debían aboar. O 15 de setembro a LFP decidiu que o Real Zaragoza era o club que tiña de forma provisional os dereitos sobre o xogador, aínda que non especificou en primeira instancia o custo final que tería a operación, que era o principal desacordo entre os dous clubs. Tras o recurso presentado polo Deportivo ante o comité de licenzas da LFP, este decidiu finalmente o 28 de setembro darlle definitivamente a razón ao Real Zaragoza, e o xogador foi presentado no estadio de La Romareda ao día seguinte.

O 29 de maio de 2012 o presidente do Getafe CF Ángel Torres anunciou a fichaxe de Lafita cun contrato por catro anos.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]