VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Liberio

⇱ Liberio, papa - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Liberio»)
👁 Modelo:Biografía
Liberio, papa
👁 Image

👁 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc.310 👁 Editar o valor en Wikidata

Roma 👁 Editar o valor en Wikidata
Morte24 de setembro de 366 👁 Editar o valor en Wikidata
(55/56 anos)
Roma 👁 Editar o valor en Wikidata
👁 Image
36º Papa
17 de maio de 352– 24 de setembro de 366
Xulio IDámaso I 👁 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica 👁 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma 👁 Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico,escritor 👁 Editar o valor en Wikidata
PeríodoImperio Romano 👁 Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa27 de agosto 👁 Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron 👁 Editar o valor en Wikidata
👁 WikiTree: Di_Roma-74

Liberio I, nado en Roma, converteuse no 36º papa o 17 de maio de 352.

As polémicas mantidas cos arianos comportaron a elección de Fiz II como antipapa.

Liberio promoveu a construción da Basílica de Santa María a Maior de Roma, edificada sobre o perímetro que el mesmo trazou logo dunha nevada un 5 de agosto.

No 354, estableceu o nacemento de Xesús no 25 de decembro.[1]

Faleceu o 24 de setembro de 366.

Liberio e o arianismo

[editar | editar a fonte]

O pontificado de Liberio sitúase nun período no cal o dogma da Igrexa oficial, tal como fora fixado polo Primeiro Concilio de Nicea, era contestado con forza polos partidarios do arianismo. O emperador Constancio II apoiaba a estes últimos e mesmo desterrou o patriarca Atanasio de Alexandría, vigoroso defensor do concilio niceano. Constancio obtivo, nos concilios de Arlés e de Milán, o apoio da maioría dos bispos occidentais. Mais unha parte deles, con todo, indignouse. Este foi o caso do papa Liberio, a quen Constancio forzou ao exilio en Beroea, Tracia, en 355.

Constancio levantou esa medida tres anos máis tarde, en 358, podendo Liberio regresar a Roma.

Numerosos historiadores antigos e modernos suxiren que Liberio asinara unha das fórmulas do Sínodo de Sirmium, condenando a san Atanasio, e en parte dando satisfacción aos arianos. Consideran que Liberio obrou por debilidade e non por convicción. Esta tese sostense en escritos contemporáneos, especialmente os do mesmo san Atanasio, é tamén nos de Edward Gibbon.

Segundo a tese contraria, Constancio liberaría ao papa cedendo ás presións do pobo romano.

  1. Alonso López, Javier (25 de decembro de 2025). "¿Cuándo nació Jesús de Nazaret?". despertaferro-ediciones.com (en castelán). Consultado o 26 de febreiro de 2026.

👁 Este artigo tan só é un bosquexo
Este artigosobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.