| Limo | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| WikidataC:Commons | |||||||||
O limo (do latín limus, 'lodo', 'barro', 'sedimento') é un material solto cunha granulometría comprendida entre á da area fina e á da arxila.
É un sedimento clástico incoherente transportado en suspensión polos ríos e polo vento, que se deposita no leito dos cursos de auga ou sobre os terreos que foron inundados.
Para que se clasifique como tal, o diámetro das partículas de limo ten que oscilar entre os 0,002 mm e os 0,06mm.
É típico e famoso o limo depositado polo río Nilo despois das inundacións periódicas que achegaban terreo fértil para a agricultura desde o antigo Exipto até que este fluxo se interrompiu pola construción da presa de Asuán.
Ao non ter cohesión, é un terreo problemático para edificar sobre el e, en obras de arquitectura ou enxeñaría, é necesario adoptar sistemas especiais de cimentación.
Pódense distinguir:
Granulometría
[editar | editar a fonte]Dentro da clasificación granulométrica das partículas do solo, os limos ocupan o seguinte lugar na escala:
| Partícula | Tamaño |
|---|---|
| Arxilas | < 0,002mm |
| Limos | 0,002 – 0,06mm |
| Areas | 0,06 – 2mm |
| Gravas | 2 – 60mm |
| Cantos rolados | 60 – 250mm |
| Bloques | >250mm |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| 👁 Image |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:Limo 👁 Modificar a ligazón no Wikidata |
