Maastricht (en limburgués: Mestreech), é unha cidade neerlandesa con 118.355 habitantes en 2008. É a máis antiga das cidades neerlandesas e hoxe en día é capital da provincia de Limburgo. Espállase por ambas as dúas marxes do río Mosa (Maas en neerlandés), na extremidade suroeste dos Países Baixos, un territorio estreito, encravado entre a Bélxica e a Alemaña.
O nome da cidade deriva do seu nome latino, Traiectum ad Mosam e Mosae Traiectum (Travesía do Mosa), que se refire á ponte construída polos romanos durante o reinado de César Augusto.
Ao sur da cidade sitúase o St. Pietersberg ("Monte San Pedro"), onde se ergue unha antiga fortaleza e que ten unha rede de grutas, que manteñen unha temperatura constante de 10°C e serven de local de hibernación a morcegos. En certas épocas do ano, pódese visitar as grutas en visitas guiadas.
Hai varias institucións que se localizan na cidade, entre as cales a Universidade de Maastricht (Universiteit van Maastricht) e o Museo Bonnefanten, de arte. Maastricht ten ligazón por camiño de ferro a Liexa, na Bélxica, a Eindhoven e a outros locais. Maastricht ten un aeroporto partillado coa cidade veciña de Aquisgrán, na Alemaña.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en neerlandés)
