VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Martin_Buber

⇱ Martin Buber - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
👁 Modelo:Biografía
Martin Buber
👁 Image

(década de 1940) 👁 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de febreiro de 1878 👁 Editar o valor en Wikidata

Viena 👁 Editar o valor en Wikidata
Morte13 de xuño de 1965 👁 Editar o valor en Wikidata
(87 anos)
Xerusalén 👁 Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMonte dos Descansos (pt) 👁 Traducir
👁 Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaAnarquismo e humanismo 👁 Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Viena
Universidade de Zürich
Universidade Humboldt de Berlín
Universidade de Leipzig 👁 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoOntoloxía, xudaísmo, filosofía, literatura, tradución e sistema educativo 👁 Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Heppenheim (Bergstraße) (1916–1938)
Xerusalén 👁 Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo,tradutor da Biblia,profesor universitario,educador,sionista,teólogo,crítico literario,pedagogo,escritor,existencialista,tradutor,libretista 👁 Editar o valor en Wikidata
PeríodoFilosofía contemporánea 👁 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorDie Welt (Herzl) (pt) 👁 Traducir
, editor colaborador (1901–1902)
Universidade Hebrea de Xerusalén
Universidade de Frankfurt 👁 Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoFilosofía occidental 👁 Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxePaula Buber (1907–1958) 👁 Editar o valor en Wikidata
FillosRafael Buber,Eva Strauss-Buber 👁 Editar o valor en Wikidata
PaisCarl Buber 👁 Editar o valor en Wikidata
eElise Buber 👁 Editar o valor en Wikidata
ParentesSalomon Buber, avó
Nelly Braude-Buber, irmá consanguínea 👁 Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Бубер Мартин)
Shorter Jewish Encyclopedia (en) 👁 Traducir
, (sec:Бубер Мартин)
Encyclopaedia Hebraica (en) 👁 Traducir
, (sec:בּוּבֶּר, מָרְדְּכַי מַרְטִין) 👁 Editar o valor en Wikidata
👁 IMDB: nm5049932
👁 Enciclopedia Galega Universal: 90675
👁 BNE: XX897259
👁 Apple Music: 183858254
👁 Musicbrainz: e2da2f39-6074-4015-aada-fea2f2ae8b84
👁 Discogs: 1366211
👁 WikiTree: Buber-2
👁 Find a Grave: 9454943
👁 Editar o valor en Wikidata
👁 Image
Martin Buber.

Martin Buber, nado en Viena en 1878 e finado en Xerusalén en 1965, foi un filósofo e escritor xudeu.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pasou boa parte da infancia co seu avó, un erudito na tradición e literatura xudía, en Lviv (Ucraína), tras unha crise relixiosa comezou a ler a Kant e Nietzsche. En 1896 marchou a estudar a Viena e en 1898 uniuse ao movemento sionista. En 1902 converteuse no editor do semanario Die Welt, o órgano oficial do sionismo e a partir de 1903 comezou a interesarse polo hasidismo. O ano seguinte, Buber deixou o traballo na organización sionista para se dedicar a estudar e escribir.

En 1906 publicou Die Geschichten des Rabbi Nachman, unha colección dos contos do rabino hasidí Nachman de Breslau, pero interpretados e reescritos para unha especie de neohasidismo. En 1908 publicou Die Legende des Baalschem, historias Baal Shem Tov, o fundador do hasidismo.

Entre 1910 e 1914 Buber estudou mitos e publicou edicións de textos míticos. Durante a primeira guerra mundial axudou a establecer a Comisión Nacional Xudía para mellorar as condicións dos xudeus de Europa oriental, e foi o editor da revista Der Jude ata 1924. En 1922 Buber e Franz Rosenzweig abriron a Freies Jüdisches Lehrhaus.

En 1923 escribiu a súa obra máis coñecida Ich und Du (Eu e máis ti), e en 1925 con Rosenzweig comezou a traducir a Biblia hebrea ao alemán.

En 1930 Buber converteuse en profesor honorario da Universidade de Frankfurt, pero á chegada dos nazis ao poder prohibíronlle dar leccións nela. En resposta á prohibición para os xudeus de acudir á educación pública fundou a Oficina central para a educación dos xudeus adultos.

En 1938 deixou Alemaña e asentouse en Xerusalén, onde entrou na Universidade Hebrea de Xerusalén e participou na discusión dos problemas dos xudeus en Palestina e na cuestión árabe. Militou no grupo moderado Ichud, que reclamaba un estado binacional para árabes e xudeus en Palestina.

En 1963 foi galardoado co Premio Erasmus.[1]

  1. Fundación Praemium Erasmianum (ed.). "Former Laureates - Praemium Erasmianum". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2019. Consultado o 9 de novembro de 2015.