VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Mecha_(robot)

⇱ Mecha (robot) - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Mecha.
Mecha
Subclase de
Caracterizado por
Parcialmente coincidente con
Implicados
Operador/a
Códigos e identificadores
Freebase/m/05542 👁 Editar o valor en Wikidata
WikidataC:Commons

O termo mecha(en xaponés:メカ,Hepburn:meka?) pode facer referencia tanto á idea científica como ó xénero de ciencia ficción que se centra en robots xigantes ou máquinas (mechs) controladas por persoas. Os mechas son representados de maneira común robots móbiles humanoides. O termo provén do xaponés (meka) que á súa vez é unha abreviación do préstamo inglés mekanikaru ('mecánico'), mais en xaponés é un termo máis inclusivo, sendo "robot" (robotto) ou "robot xigante" un termo máis específico.

Estas máquinas varían moito en tamaño e forma, pero distínguense dos vehículos pola súa aparencia e tamaño humanoides ou biomórficos, máis grande ca un humano. Existen diferentes subxéneros, con diferentes connotacións de realismo. O concepto de Super Robot e Real Robot son dous exemplos que se atopan no anime xaponés. O termo tamén pode referirse a plataformas robóticas humanoides ou non humanoides pilotadas no mundo real. Ademais, no contexto xaponés orixinal da palabra, "mecha" pode referirse a maquinaria / vehículos móbiles (incluídos avións) en xeral, tripulados ou doutro tipo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]