VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Merlo

⇱ Merlo negro - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Merlo»)
Merlo negro
Turdus merula
Carl von Linné 1758 👁 Editar o valor en Wikidata
Instancia de
Nome curto
Caracterizado por
Características
Ciclo diurno
Conservación
👁 Image
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
Categoría taxonómica
Taxon superior
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePasseriformes
FamiliaTurdidae
XéneroTurdus
EspecieT. merula
Cifras e dimensións
Envergadura36 cm 👁 Editar o valor en Wikidata
Tamaño da niñada5, 5 e 3 👁 Editar o valor en Wikidata
Datas
Período de incubación
Historia
Premios e distincións
Localización
Códigos e identificadores
Freebase/m/0197mw 👁 Editar o valor en Wikidata
ITIS179757 👁 Editar o valor en Wikidata
OTT568572 👁 Editar o valor en Wikidata
UICN103888106 👁 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
WikidataG:CommonsC:Commons

O merlo negro,[1] comunmente merlo, melro, cochorra, cochosa e cotrosa (do latín merulu),[2] (Turdus merula) é unha especie de aves paseriformes pertencentes á familia Turdidae.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Os merlos presentan un forte dimorfismo sexual, sendo o macho negro, con peteiro brillante amarelo-alaranxado e un círculo arredor dos ollos. A femia e os poliños teñen dorso negro, ventre pardo-escuro con manchas pardo-claras, e a garganta e a parte superior do peito pardas con manchas abrancazadas. Os poliños teñen o ventre punteado. Esta ave europea paseriforme é omnívora e mide aproximadamente entre 23 e 29cm.

Localización e características

[editar | editar a fonte]

Miña nai matou un merlo,
o meu pai unha paxara;
alegría meus irmáns
que hoxe temos caldeirada.

Popular[3]

Habitan en bosques, sebes, montes baixos e xardíns. Atópanse en Europa, excepto no norte da Península Escandinava e en Asia central até a China. Son aves residentes, pero migradoras parciais cara ao sur até o norte de África no inverno. Non forman bandadas, aínda que varios deles poden vivir asociados nun hábitat apropiado. Porén, as femias compiten polo territorio especialmente na primavera, momento en que poden loitar entre si. Os machos tamén son competitivos, pero os enfrontamentos son breves.

Poñen entre catro e cinco ovos de cor azul pálida con manchas vermellas, que colocan nun niño feito con herba e lama en forma de cunca que sitúan na bifurcación das árbores ou en edificios. Como o resto das aves da súa familia, "escoita" os vermes e logo se lanza sobre eles. Comen tamén bagas e froitos.

Desde o fin do inverno até comezos do verán, os machos cantan cancións variegadas e melodiosas desde as árbores, tellados e outros poleiros, preferentemente coa alborada e o solpor. O seu canto considérase un dos máis lindos de Europa e a riqueza do seu repertorio, as variacións melódicas e a capacidade de improvisación poñen o merlo á parte dos demais paxaros.

A esperanza de vida dun merlo sitúase entre os tres e os catro anos, mesmo se teñen rexistrado casos de até quince. Entre os seus depredadores cóntanse os mouchos. Outros paxaros, como as pegas e os corvos, así como as lontras, os armiños e os gatos, adoitan saquear os niños dos merlos.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06.
  2. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06.
  3. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha do merlo común. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p.105. ISBN84-7154-379-6.