VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Mialxia

⇱ Mialxia - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mialxia
👁 Aviso médico.
Aviso médico.
Atención: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento consúltello ao médico.
👁 Image
Instancia de
Características
Códigos e identificadores
Freebase/m/013677 👁 Editar o valor en Wikidata
MeSHD063806 👁 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC27009 👁 Editar o valor en Wikidata
CIAP-2L18 👁 Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB22895 👁 Editar o valor en Wikidata
CIE-11415195404 👁 Editar o valor en Wikidata
CIE-9729.1 👁 Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus003178 👁 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2778616394 👁 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
WikidataC:Commons

As mialxias[1] ou dores musculares consisten en dores ou molestias que poden afectar a un ou varios músculos do corpo. Tamén poden estar implicados ligamentos, tendóns e fascias. As causas son moi variadas. As principais inclúen sobrecarga, tensión ou lesións musculares por exercicios ou traballos físicos intensos. Así mesmo, a dor muscular pode ser un síntoma de certas doenzas que afectan a todo o corpo, entre as cales destaca a fibromialxia.[2]

As causas máis frecuentes de mialxia son o sobreesforzo muscular, especialmente cando se realizan contraccións moi rápidas sen quecemento previo ou moi repetitivas, e as lesións ou os traumatismos sobre os músculos, incluíndo escordaduras e distensións.[2] A tensión tamén pode ocasionar dor muscular.[2]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mialxia.
  2. 1 2 3 MedlinePlus (4 de novembro de 2015). "Dolores musculares". Consultado o 27 de marzo de 2017.