VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Open_Source_Initiative

⇱ Open Source Initiative - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Open Source Initiative
Instancia de
Características
Forma xurídica
Implicados
Fundador/a
Presidente/a
Simon Phipps setembro de 2017 - maio de 2019
Allison Randal (pt) 👁 Traducir
13 de maio de 2015 - setembro de 2017
Simon Phipps 2012 - 12 de maio de 2015
Molly de Blanc
Josh Simmons (pt) 👁 Traducir

Stefano Maffulli (en) 👁 Traducir
👁 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Datas
Fundación / creación
Cifras e dimensións
Ingresos totais811527 $ (2023) 👁 Editar o valor en Wikidata
Activos totais896360 $ (2023) 👁 Editar o valor en Wikidata
Localización
Sede
País
Códigos e identificadores
Freebase/m/05l2h 👁 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Páxina WEB
WikidataC:Commons

A Open Source Initiative é unha organización dedicada á promoción do software de código aberto. Foi fundada en febreiro de 1998 por Bruce Perens e Eric S. Raymond.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

No 1997 Eric S. Raymond presentou unha obra sobre enxeñería de software,The cathedral and the bazaar ( A Catedral e o Bazar ), a cal buscaba amosar as vantaxes de enxeñería do enfoque utilizado para escribir o núcleo Linux.

A principios de 1998, Netscape Communications Corporation xunto con Raymond, publicaron o código fonte do seu produto insignia Netscape Communicator como software libre, dada a baixa das ganancias e dura competencia co Internet Explorer de Microsoft.

Un grupo de persoas interesadas no software libre e en GNU/Linux decidiron introducir un termo de mercadotecnia para o software libre, procurando posicionalo como amigable para negocios e con menos carga ideolóxica na súa competencia co software propietario. Isto conduciu á creación do termo Open Source (código aberto) e ao cisma con Richard Stallman e coa súa Fundación do Software Libre.

  • O termo "Open Source" foi extensamente tratado pola prensa desde 1998, aínda que a miúdo mal entendido.
  • Moitas empresas acolléronse á idea dun sistema operativo alternativo de software aberto.
  • A Open Source Initiative puido publicar memoranda interna de Microsoft, os documentos de Halloween, nos que se amosou a Microsoft como opoñente de GNU/Linux e onde se suxiren varios métodos para eliminar ao software aberto.

Actualidade

[editar | editar a fonte]

A Open Source Initiative segue activa, pero non publicamente visible en épocas recentes. Russ Nelson asumiu a presidencia da organización dende o 31 de xaneiro de 2005 sucedendo a Eric S. Raymond.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]