| 👁 Image (2019) 👁 Editar o valor en Wikidata | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 14 de xuño de 1965 👁 Editar o valor en Wikidata (60 anos) Caracas 👁 Editar o valor en Wikidata |
| Grupo étnico | Pobo galego 👁 Editar o valor en Wikidata |
| Actividade | |
| Ocupación | presentador de televisión 👁 Editar o valor en Wikidata |
| 👁 IMDB: nm1252250 👁 Editar o valor en Wikidata | |
Francisco Javier Lodeiro Gómez, coñecido como Paco Lodeiro, nado en Caracas o 14 de xuño de 1965, é un músico, humorista, actor e presentador de televisión galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Venezuela, sendo fillo de dous emigrantes galegos: Paco Lodeiro Barbeito, orixinario de San Tirso (Abegondo) e Dora Gómez, de Lugo.[1][2] Cun ano de vida mudouse coa súa familia a Betanzos e con tres instalouse na Coruña, na rúa Arxentina. Estudou no colexio dos Escolapios e no Instituto Masculino e na década de 1980 realizou estudos de Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas en Madrid.[3] En 1988 aprobou unhas oposicións para mestre de informática na educación secundaria e deu clases no CIFP Rodolfo Ucha de Ferrol. Durante a súa xuventude tamén practicou fútbol e vestiu as camisetas de varios clubs como o Galicia Gaiteira, o Vioño ou o Sin Querer.[3]
En 1991 presentouse a unha proba para actor de dobraxe na Televisión de Galicia, pero acabou sendo contratado para o programa de humor Fatal, fatal, fatal, presentado por Antonio Simón e no que coincidiu con Manuel Manquiña ou Morris entre outros.[3] Nos seguintes anos apareceu en numerosos programas da TVG como colaborador e presentador, e presentou tamén ¡Que serán? na Televisión Española en Galicia.[3] Ademais deu clases na Escola de Imaxe e Son da Coruña e en 1993 publicou o seu primeiro disco en solitario como cantante, actuando tamén coa súa banda, La Sonora Callejera.[3]
Nesa época comezou a traballar tamén na radio, facéndose popular no programa de RadioVoz Corre carmela que chove!!, onde realizaba imitacións de personaxes famosas como Arsenio Iglesias ou Augusto César Lendoiro, sendo especialmente célebres as súas imitacións do alcalde da Coruña Paco Vázquez.[2] Máis tarde pasou á Radio Galega, onde coloborou en numerosos programas. Apareceu habitualmente xunto a Carlos Jiménez Díaz, co que traballaba dende a década de 1990 e co que formou o dúo Risoterapia.[3] Na Radio Galega presentou o programa Nunca tal oíra e participou en seccións nos programas dirixidos por Santiago Davila e Xusto López Carril. Tamén participou de xeito habitual no magazine presentado por Kiko Novoa Galicia por diante.
No ano 2000 fixo as súas primeiras incursións no cine, con breves papeis nos filmes Arde amor e Blanca Madison,[3] e posteriormente actuou en series como Pratos combinados, Mareas vivas ou Libro de familia, interpretando nesta última ao taberneiro Ramiro. No 2002 participou na gravación do disco Agora é sempre de Los Tamara. En paralelo á súa carreira audiovisual, licenciouse en Publicidade na Universidade Aberta de Cataluña.
Entre 2002 e 2010 presentou en Telemadrid o concurso de éxito Cifras e letras, e entre 2006 e 2013 fixo o mesmo na versión galega do concurso na Televisión de Galicia. Entre as dúas versións presentou máis de 3.000 programas deste formato, co que acadou gran sona.[2] En 2013 participou no espectáculo Heicho cantar, con Rosa Cedrón e Miguel Ladrón de Guevara, no que interpretaban clásicos da música galega e boleros con bandas de música. Participou tamén no disco Cantando a Galicia con Rosa Cedrón e Sito Sedes,
Entre 2014 e 2015 presentou xunto a María Canosa e Jorge Mira na TVG Verbas Van, un formato da súa creación. Tamén en 2014 dirixiu o programa Laretando presentado por Kiko Novoa. Dende 2017 e ata 2021 dirixiu e produciu o concurso Coma un allo e no verán de 2019 presentou e produciu para a TVG o programa A liga dos cantantes extraordinarios. En 2020 colaborou no disco Sempre Pucho coa orquestra Los Satélites.
No verán de 2021 comezou a presentar para a TVG o concurso Atrápame se podes, labor que realizou ata 2025.[4]
Traballos
[editar | editar a fonte]Presentador de televisión
[editar | editar a fonte]- ¡Café Café? (1993)
- Salsa Verde (1996)
- ¡Qué serán? (1993)
- Cifras y letras (2002-2010)
- Cifras e letras (2006-2013)
- Pequeno gran show (2006-2007)
- Verbas Van (2014-2015)
- Atrápame se podes (2021-2025)
Actor de televisión
[editar | editar a fonte]- Pratos combinados (2000-2001).
- Terra de Miranda (2001).
- Galicia Exprés (2001).
- Mareas vivas (2002). Como Lou Ferrados.
- Libro de familia (2005). Como Ramiro.
- Efectos secundarios (2007).
- Escoba! (2011-2012).
Actor de cine
[editar | editar a fonte]- Arde amor (2000).
- Blanca Madison (2000).
- Os mortos van á présa (2009).
Presentador de radio
[editar | editar a fonte]- El Expreso de Galicia
- Nunca tal oíra
Produtor de televisión
[editar | editar a fonte]Discografía
[editar | editar a fonte]- Marea interior (1993).
- Magia negra (2001).
- Agora é sempre con Los Tamara (2002)
- Cantando a Galicia con Rosa Cedrón e Sito Sedes (2013)
- Sempre Pucho con Los Satélites (2020).
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio ATV ao mellor programa de entretemento de televisión 2006.
- Premio da Academia Galega do Audiovisual ao mellor comunicador 2007
- Premio Galicia de Comunicación ao mellor programa de radio 1996 (por "Corre Carmela que Chove").
- Premio Deputación da Coruña ao mellor guión de apropósitos 1999.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Adiós al comprometido y generoso Paco, padre del presentador Paco Lodeiro". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de febreiro de 2024. Consultado o 10 de xaneiro de 2026.
- 1 2 3 De Miguel, Marina (14 de marzo de 2006). "«Cuantas más vivencias, más fácil resulta conectar con la gente»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2026.
- 1 2 3 4 5 6 7 Pereira, Nonito (7 de xaneiro de 2014). "LAS ENTREVISTAS DE "AYER" (1999). PACO LODEIRO: UN ROSTRO CORUÑÉS PARA LA “TELE”" (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2026.
- ↑ "Paco Lodeiro: «O Atrápame é un éxito porque ten a un grande equipo detrás»". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de decembro de 2024. Consultado o 10 de xaneiro de 2026.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| 👁 Image |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:Paco Lodeiro 👁 Modificar a ligazón no Wikidata |
