Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Protein Data Bank |
|---|
|
|
Instancia de
| |
| |
Nome orixinal
|
|
|
|
| Datas |
|---|
|
Fundación / creación
|
|
| Códigos e identificadores |
|---|
|
|
| Fontes e ligazóns |
|---|
|
Páxina WEB
| |
Descrito pola fonte
|
|
| WikidataC:Commons |
O Protein Data Bank ou PDB (Banco de Datos de Proteínas) é unha base de datos en Internet coa estrutura tridimensional das proteínas e os ácidos nucleicos, que se atopan baixo licenza de dominio público e poden ser empregados libremente.
O PDB foi fundado no 1971 polos doutores Edgar Meyer e Walter Hamilton, do Brookhaven National Laboratory. No 1988, a xestión da base de datos foi transferida ao Research Collaboratory for Structural Bioinformatics (RCSB); actualmente a sede do proxecto se atopa na Universidade de Rutgers e está dirixido por Helen M. Berman.
Cando se fundou, o PDB contaba só con sete estruturas de proteínas. Dende entón, experimentou un crecemento exponencial[1] no seu número de estruturas, analizado por diversos estudos.