O respecto[1] (do latín respectus, «atención» ou «consideración») é a consideración e valoración especial que se lle ten a alguén ou a algo, ao que se lle recoñece valor social ou especial diferenza. Moitas formas de respecto baséanse na relación de reciprocidade (respecto mutuo, recoñecemento mutuo etc.). Con todo, no que se refire ao respecto das persoas cara a obxectos, costumes e institucións sociais, fundaméntase noutras consideracións diferentes da reciprocidade.
O respecto nas relacións interpersoais comeza no individuo, no recoñecemento do mesmo como entidade única,[3] que necesita e quere comprender ao outro.[4] Consiste en saber valorar os intereses e necesidades doutro individuo, por exemplo nunha reunión.[5]
👁 Image Sinal sobre o respecto en São João dá Barra: Respeite se quer ser respeitado (en galego: «Respecte se quere ser respectado»).