VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Rhizaria

⇱ Rizarios - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rhizaria»)
Rizarios
Rhizaria
Thomas Cavalier-Smith 1987 👁 Editar o valor en Wikidata
Instancia de
Clasificación taxonómica
Categoría taxonómica
Taxon superior
DominioEukarya
Datas
Período de aparición
Códigos e identificadores
Freebase/m/03q61j 👁 Editar o valor en Wikidata
MeSHD056901 👁 Editar o valor en Wikidata
ITIS969913 👁 Editar o valor en Wikidata
OTT6929 👁 Editar o valor en Wikidata
WikidataC:Commons

Os rizarios ou Rhizaria é un supergrupo de microorganismos que comprende numerosas especies de protistas eucariotas unicelulares.[1][2] Este supergrupo foi proposto por Cavalier-Smith en 2002. Os seus membros varían considerablemente en forma, pero a maior parte son ameboides con pseudópodos filosos, reticulosos, ou sostidos por microtúbulos. Moitos producen cunchas ou esqueletos, que poden ser bastante complexos en estrutura, e forman a gran maioría dos protozoos fósiles. Case todos teñen mitocondrias con cristas tubulares.

Hai tres grupos principais dentro de Rhizaria:[3]

Algúns outros grupos, como Phytomyxea e Ascetosporea, parasitos de plantas e animais respectivamente, e a peculiar ameba Gromia, poden incluírse dentro dos cercozoos, pero nalgunhas árbores filoxenéticas sitúanos preto dos foraminíferos. Os diferentes grupos que forman Rhizaria considéranse moi emparentados baseándose principalmente nas súas semellanzas xenéticas, e foron considerados como unha extensión de Cercozoa. O nome Rhizaria para o grupo ampliado foi establecido por Cavalier-Smith en 2002,[4] o cal tamén incluíu os centrohélidos e Apusozoa.

Relacións evolutivas

[editar | editar a fonte]

Rhizaria forma parte do clado Bikonta de eucariotas, que tamén comprende os Archaeplastida, os Chromalveolata, os Excavata, e algúns grupos menores difíciles de situar como Apusozoa e os Centrohelida. Como membros de Bikonta, todos descenden dun eucariota heterótrofo con flaxelos.

Historicamente, moitos rhizaria foron considerados animais, debido á súa mobilidade e metabolismo heterótrofo. Porén, cando se implantou o sistema de 5 reinos e substituíu o de dous (animal, vexetal), os organismos hoxe incluídos en Rhizaria foron situados no reino Protista (Rhizaria substitúe a parte do grupo dos rizópodos das antigas clasificacións). Máis tarde, a atención dos taxonomistas centrouse na clasificación do dominio eucariota e no carácter parafilético do reino Protista. Despois de moito debate, que aínda continúa, os Rhizaria emerxeron como un grupo monofilético.[5]

  1. Christopher Taylor (2004). "Rhizaria". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2009. Consultado o 12 de xuño de 2012.
  2. Nikolaev SI, Berney C, Fahrni JF; et al. (2004). "The twilight of Heliozoa and rise of Rhizaria, an emerging supergroup of amoeboid eukaryotes". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 101 (21): 8066–71. PMC419558. PMID15148395. doi:10.1073/pnas.0308602101.
  3. Moreira D, von der Heyden S, Bass D, López-García P, Chao E, Cavalier-Smith T (2007). "Global eukaryote phylogeny: Combined small- and large-subunit ribosomal DNA trees support monophyly of Rhizaria, Retaria and Excavata". Mol. Phylogenet. Evol. 44 (1): 255–66. PMID17174576. doi:10.1016/j.ympev.2006.11.001.
  4. Cavalier-Smith, Thomas (2002). "The phagotrophic origin of eukaryotes and phylogenetic classification of Protozoa". International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology 52 (2): 297–354. ISSN1466-5026. PMID11931142. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2010. Consultado o 2007-06-08.
  5. Burki, F; Shalchian-Tabrizi, K; Minge, M; Skjaeveland, A; Nikolaev, SI; Jakobsen, KS; Pawlowski, J (2007). Butler, Geraldine, ed. "Phylogenomics Reshuffles the Eukaryotic Supergroups". PLoS ONE 2 (8): e790–. PMC1949142. PMID17726520. doi:10.1371/journal.pone.0000790. Consultado o 2008-01-24.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]