| Saco vitelino | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| WikidataC:Commons | |||||||||
O saco vitelino (en terminoloxía latina saccus vitellinus, vesicula umbilicalis) é un saco membranoso unido ao embrión, formado por células da capa do hipoblasto do disco embrionario bilaminar. Tamén se lle chama vesícula umbilical en Terminologia Embryologica (TE), aínda que saco vitelino é moito máis usado. En humanos o saco vitelino é importante para a subministración de sangue ao embrión temperán,[1] e gran parte del incorpórase ao tracto gastrointestinal primordial durante a cuarta semana de desenvolvemento embrionario.[2]
En humanos
[editar | editar a fonte]O saco vitelino é o primeiro elemento que se observa no saco xestacional durante o embarazo,[1] xeralmente aos 3 días de xestación.
O saco vitelino está situado na parte frontal (ventral) do embrión; está tapizado polo endoderma extraembrional,[3] fóra do cal hai unha capa de mesénquima extraembrional, derivada do epiblasto.
O sangue chega á parede do saco vitelino a través da aorta primitiva e despois circula a través dun plexo de capilares que forman unha densa rede, torna polas veas vitelinas do corazón tubular que nese momento ten o embrión. Isto constitúe a circulación vitelina, que nos humanos é o lugar onde se produce a hematopoese.[4][5] Antes de que se forme a placenta e empece a funcionar como elemento circulatorio, o saco vitelino proporciona nutrición e realiza o intercambio de gases entre a nai e o embrión en desenvolvemento.[6]
Ao final da cuarta semana, o saco vitelino ten a aparencia dunha pequena vesícula con forma de pera (tradicionalmente chamada vesícula umbilical), que comunica co tubo dixestivo por un tubo longo estreito, o conduto vitelino ou onfalomesentérico. Raramente pode verse o saco vitelino despois do necemento como un corpo pequeno e máis ou menos oval cuxo diámetro varía de 1mm a 5mm; está situado entre o amnio e o corion e pode situarse sobre ou a certa distancia da placenta. Este saco vitelino residual non ten importancia clínica.
- 👁 Diagrama que mostra os primeiros estadios observados do embrión humano.1 - Cavidade amniótica2 - Saco vitelino3 - CorionDiagrama que mostra os primeiros estadios observados do embrión humano.
1 - Cavidade amniótica
2 - Saco vitelino
3 - Corion - 👁 Diagrama que ilustra a formación inicial do alantoide e a diferenciación do talo do corpo.1 - Cavidade amniótica2 - Talo do corpo3 - Alantoide4 - Saco vitelino5 - CorionDiagrama que ilustra a formación inicial do alantoide e a diferenciación do talo do corpo.
1 - Cavidade amniótica
2 - Talo do corpo
3 - Alantoide
4 - Saco vitelino
5 - Corion - 👁 Diagrama que mostra estadios posteriores do desenvolvemento do alantoide co comezo da constrición do saco vitelino.1 - Corazón2 - Cavidade amniótica3 - Embrión4 - Talo do corpo5 - Vilosidade placentaria6 - Alantoide7 - Saco vitelino8 - CorionDiagrama que mostra estadios posteriores do desenvolvemento do alantoide co comezo da constrición do saco vitelino.
1 - Corazón
2 - Cavidade amniótica
3 - Embrión
4 - Talo do corpo
5 - Vilosidade placentaria
6 - Alantoide
7 - Saco vitelino
8 - Corion - 👁 Diagrama que representa un estadio posterior no desenvolvemento do cordón umbilical.1 - Vilosidades placentarias2 - Saco vitelino3 - Cordón umbilical4 - Alantoide5 - Corazón6 - Tubo dixestivo7 - Embrión8 - Cavidade amnióticaDiagrama que representa un estadio posterior no desenvolvemento do cordón umbilical.
1 - Vilosidades placentarias
2 - Saco vitelino
3 - Cordón umbilical
4 - Alantoide
5 - Corazón
6 - Tubo dixestivo
7 - Embrión
8 - Cavidade amniótica
Como regra o conduto sofre unha completa obliteración na semana 20ª a medida que a maioría do saco vitelino se incorpora ao tracto gastrointestinal en desenvolvemento, pero nun 2% dos casos a súa parte proximal persiste como divertículo do intestino delgado, o chamado divertículo de Meckel, que está situado a uns 60cm en dirección proximal da válvula ileocecal, e pode estar unido por medio dun cordón fibroso á parede abdominal no embigo.
Ás veces pode observarse un estreitamento do lume do íleo fronte ao sitio de unión do conduto.
Histoxénese
[editar | editar a fonte]O saco vitelino empeza a formarse durante a segunda semana de desenvolvemento embrionario, ao mesmo tempo que se orixina o saco amniótico. O hipoblasto comeza a proliferar lateralmente e a descender. Mentres tanto, a mambrana de Heuser, situada no polo oposto da vesícula en desenvolvemento, empeza a súa proliferación cara a arriba e ponse en contacto co hipoblasto.
Modificacións
[editar | editar a fonte]- Saco vitelino primario: é a vesícula que se desenvolve na segunda semana; o seu piso é representado pola membrana de Heuser e o seu teito é o hipoblasto. Tamén se chama cavidade exocelómica.
- Saco vitelino secundario: esta estrutura fórmase cando o mesoderma extraembrionario se separa para formar o celoma extraembrionario; células do mesoderma evaxinan unha área do saco vitelino[3] e o que queda é o saco vitelino secundario.
- Saco vitelino final: durante a cuarta semana de desenvolvemento, durante a organoxénese, parte do saco vitelino é rodeado polo endoderma e incorporado ao embrión como parte do intestino. A parte restante do saco vitelino é o saco vitelino final.
Galería
[editar | editar a fonte]- Vista da superficie do embrión do xibón Hylobates concolor.
- Lonxitude do embrión humano, 2mm. Vista dorsal co amnio aberto. X 30.
- Dorso do embrión humano, 2,11mm de lonxitude.
- Sección a través do embrión.
- Feto dunhas oito semanas dentro do amnio. Ampliado un pouco en dous diámetros.
- Modelo de embrión humano de 1,3mm de longo.
- Sección a través do blastocisto incrustado na decidua uterina.
- 👁 Embrión humano duns quince días. O cerebro e o corazón están representados desde o lado dereito. Tubo dixestivo e saco vitelino en sección media.Embrión humano duns quince días. O cerebro e o corazón están representados desde o lado dereito. Tubo dixestivo e saco vitelino en sección media.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Lutfey, Karen; Freese, Jeremy (2005). "Toward Some Fundamentals of Fundamental Causality: Socioeconomic Status and Health in the Routine Clinic Visit for Diabetes". American Journal of Sociology 110 (5): 1326–1372. ISSN0002-9602. JSTOR10.1086/428914. doi:10.1086/428914.
- ↑ The Developing Human: Clinically Oriented Anatomy: Capítulo 7
- 1 2 Hafez, S. (2017-01-01). Huckle, William R., ed. Chapter One - Comparative Placental Anatomy: Divergent Structures Serving a Common Purpose. Progress in Molecular Biology and Translational Science. Molecular Biology of Placental Development and Disease (en inglés) 145 (Academic Press). pp.1–28. PMID28110748. doi:10.1016/bs.pmbts.2016.12.001. Consultado o 2020-10-21.
- ↑ Moore, Keith; Persaud, TVN; Torchia, Mark (2013). The Developing Human. Philadelphia, PA: Saunders. ISBN978-1-4377-2002-0.
- ↑ Blaas, Harm-Gerd K; Carrera, José M (2009-01-01). Wladimiroff, Juriy W; Eik-Nes, Sturla H, eds. Chapter 4 - Investigation of early pregnancy. Ultrasound in Obstetrics and Gynaecology (en inglés) (Edinburgh: Elsevier). pp.57–78. ISBN978-0-444-51829-3. doi:10.1016/b978-0-444-51829-3.00004-0. Consultado o 2020-10-21.
- ↑ Donovan, Mary F.; Bordoni, Bruno (2020). Embryology, Yolk Sac. StatPearls (Treasure Island (FL): StatPearls Publishing). PMID32310425. Consultado o 2020-09-11.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Goh, Issac; et al. (18 de agosto de 2023). "Yolk sac cell atlas reveals multiorgan functions during human early development". Science 381 (6659). PMC7614978. doi:10.1126/science.add7564.
