VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Trematodo

⇱ Trematodos - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Trematodo»)
Trematodos
Trematoda
Karl Asmund Rudolphi 1808 👁 Editar o valor en Wikidata
Instancia de
Estudado por
Clasificación taxonómica
Categoría taxonómica
Taxon superior
ReinoAnimalia
FiloPlatyhelminthes
ClaseTrematoda
Subdivisións
Códigos e identificadores
Freebase/m/01ztkf 👁 Editar o valor en Wikidata
MeSHD014200 👁 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2778359929 👁 Editar o valor en Wikidata
ITIS54556 👁 Editar o valor en Wikidata
OTT407243 👁 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
WikidataC:Commons

Os trematodos (Trematoda) son unha clase de vermes planos pertencentes ao filo dos platihelmintos e que ten como principal característica o feito de ser parasitos; a diferenza dos monoxeneos, non teñen opisthoaptor, en cambio, caracterízanse por ter unha ou dúas ventosas. Parécense aos turbelarios en ter unha canle alimentaria relativamente ben desenvolvida, e os seus sistemas muscular, excretor e reprodutivos tamén son relativamente completos.

Teñen o corpo recuberto por unha cutícula e os adultos carecen de epiderme. A maioría dos trematodos teñen ciclos de vida complexos con estadios que afectan a varias especies; en estado adulto son endoparásitos de vertebrado, incluíndo ao ser humano, e en estado larval o son de moluscos e, ás veces, dun terceiro hóspede.[1]

Foron descritas arredor de 9.000 especies. Este grupo inclúe varios parasitos que teñen un enorme impacto nas poboacións humanas, como os trematodos hepáticos humanos, como Fasciola hepatica e o Schistosoma mansoni que causa a enfermidade esquistosomíase.

👁 Image
A Schistosoma mansoni é un trematodo causante da esquistosomíase en humanos
  1. Muñoz, Gabriela (decembro 2005). "Metacercarias de la familia Microphallidae (Trematoda: Digenea) en el anfípodo Hyale grandicornis en la costa de Maule, Chile Central". Parasitología latinoamericana (en castelán) 60 (3-4): 165–169. ISSN0717-7712. doi:10.4067/S0717-77122005000200011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]