| Tenente de alcalde, tenenta de alcalde | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| |||||
| |||||
| |||||
| WikidataC:Commons |
No sistema político-administrativo español, un tenente de alcalde ou vicealcalde (vicealcaldesa, tenenta de alcalde, tenenta de alcaldesa ou tenente de alcaldesa, nas súas formas femininas) é un concelleiro ou concelleira dun concello nomeado polo alcalde ou alcaldesa.[1] É membro da xunta de goberno con voz e voto. Amais, ten a capacidade legal para substituír ao alcalde nos supostos que determina a lexislación, principalmente en caso de enfermidade, ausencia, dimisión ou falecemento,[2] nestes dous últimos casos ata que o pleno elixa un novo alcalde.
Esta persoa asiste ao alcalde e participa en tódalas decisións importantes do concello,[3] ocupando o segundo posto na orde de prelación despois do alcalde.[4]
Nomeamento
[editar | editar a fonte]Os nomeamentos faranse por resolución do alcalde, da que se informará ao pleno na súa primeira sesión. Os nomeamentos tamén son notificados persoalmente e a resolución publícase no boletín oficial da provincia (BOP). O nomeamento produce efectos ao día seguinte da sinatura da resolución por parte do alcalde. É necesaria aceptación por parte do nomeado ou nomeada.
Nos concellos con xunta de goberno local, o número de tenentes de alcalde non pode superar o número de membros da xunta. Onde non haxa xunta, o número de tenentes de alcalde non poderá exceder dun terzo do número legal de membros da corporación municipal.
Cesamento
[editar | editar a fonte]A condición de tenente de alcalde pérdese por dimisión, destitución por decreto do alcalde ou perda da pertenza á xunta de goberno local.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tenientes de alcalde". pilardelahoradada.org (en castelán). Concello de Pilar de la Horadada. Arquivado dende o orixinal o 26/5/2013. Consultado o 7/6/2013.
- ↑ "Derecho Administrativo Local del teniente de alcalde". enciclopedia-juridica.com (en castelán). Consultado o 7/6/2013.
- ↑ "El municipio. Órganos unipersonales de gobierno". seguridadpublica.es (en castelán). 28/10/2008. Archived from the original on 03/03/2021. Consultado o 7/6/2013.
- ↑ "Tenientes de alcalde". donostia.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13/8/2014. Consultado o 7/6/2013.
