| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | valor descoñecido 👁 Editar o valor en Wikidata |
| Morte | valor descoñecido 👁 Editar o valor en Wikidata |
| Rei dos ostrogodos | |
| ←Vitimiro – valor descoñecido→ 👁 Editar o valor en Wikidata | |
| Período de actividade | (Con vida en:século IV 👁 Editar o valor en Wikidata ) |
| Familia | |
| Pai | Vitimiro 👁 Editar o valor en Wikidata |
Viderico ou Viterico (en latín: Viderichus/Vithericus) foi fillo de Vitimiro e, segundo Amiano Marcelino, rei dos grutungos -antecesor dos ostrogodos- polo 376.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nomeárono rei despois da morte de seu pai. Como era moi pequeno tivo dous rexentes, Alateo e Sáfrax. Os tres e unha parte non dominada do seu pobo, pretenderon cruzar xunto cos tervingos -antecesor dos visigodos- o Danubio. Porén só o conseguiron os tervingos pero os grutungos non conseguiron permiso dos romanos polo que quedaron na beira esquerda do río.[2]
Alateo e Sáfrax uníronse á revolta de Fritixerno e con el participaron da Batalla de Adrianópole en 378. Tras ese período a única cousa que se sabe sobre os tres é que foron instalados xunto co seu pobo polo emperador Graciano na Panonia.
