VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Adam_Jones

⇱ Adam Jones - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
👁 Modelo:Biografía
Adam Jones
👁 Image

👁 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Adam Thomas Jones 👁 Editar o valor en Wikidata

15 de xaneiro de 1965 👁 Editar o valor en Wikidata
(61 anos)
Park Ridge 👁 Editar o valor en Wikidata
EducaciónLibertyville High School (en) 👁 Traducir
👁 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista,animador,músico,escultor,cantautor 👁 Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1990 👁 Editar o valor en Wikidata
-
Membro de
Xénero artísticoMetal progresivo 👁 Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra 👁 Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoVolcano Entertainment 👁 Editar o valor en Wikidata

👁 IMDB: nm0427417
👁 Facebook: AdamJonesTool
👁 Instagram: adamjones_tv
👁 MySpace: adamjonestv
👁 Musicbrainz: 82856c21-c448-4432-bc79-97009b7eb853
👁 Songkick: 303783
👁 Discogs: 251559
👁 Allmusic: mn0001187175
👁 Deezer: 4902189
👁 Editar o valor en Wikidata

Adam Thomas Jones, nado en Park Ridge (Illinois) o 15 de xaneiro de 1965, é o guitarrista da banda de rock Tool. Tamén é o encargado de crear os vídeos do grupo e tamén é moi respectado polo seu traballo como artista visual.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Jones medrou en Libertyville, Illinois, e tocou o violín na escola de primaria. Foi aceptado no programa Suzuki e continuou tocando o violín no seu primeiro ano de instituto. Cambiou o violín e tocou o baixo durante tres anos nunha orquestra.

Amigo do guitarrista Tom Morello, o cal por aquela época vivía tamén en Illinois, tocaron xuntos na banda de rock Electric Sheep. Non pasou moito tempo ata que Adam Jones colgou o seu baixo e comezou a tocar a guitarra.