| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
| Provincia | provincia de Zamora 👁 Editar o valor en Wikidata | ||||
| Capital | Arcenillas 👁 Editar o valor en Wikidata | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 450 (2025) 👁 Editar o valor en Wikidata (37,25 hab./km²) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 12,08 km² 👁 Editar o valor en Wikidata | ||||
| Altitude | 697 m 👁 Editar o valor en Wikidata | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| •Alcalde 👁 Editar o valor en Wikidata | Natalio Gutiérrez García 👁 Editar o valor en Wikidata | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 49151 👁 Editar o valor en Wikidata | ||||
| Código INE | 49010 👁 Editar o valor en Wikidata | ||||
| 👁 BNE: XX6003581 | |||||
Arcenillas é un concello e localidade da provincia de Zamora, en Castela e León.
Demografía
[editar | editar a fonte]| Evolución da poboación de: Arcenillas desde 1991 ata 2004
| |||
| 1991 | 1996 | 2001 | 2004
|
| 248 | 281 | 295 | 309 |
Política
[editar | editar a fonte]Resultado das eleccións municipais no ano 2007
| PP | PSOE | Outros | Total | |
|---|---|---|---|---|
| 2007 | 4 | 3 | 0 | 7 |
Historia
[editar | editar a fonte]A fundación da vila poderíase remontar ao século XII. Aparece citado por primeira vez nun documento do Arquivo Diocesano de Zamora do ano 1254 co nome de Arcinielas. O seu contido relata a permuta dunhas terras que o Bispo de Zamora Pedro I realiza con Monio Sánchez, dándolle unha terra que din de Santiago en Arcenillas, outra na veiga entre Moraleja e Arcenillas, e outra máis "á vez do pedazo de Pedro de Galego"; mentres que o Bispo recibe unha terra que chaman "As Mangas" na estrada de Villaralvino (enténdase Villaralbo), ademais de dúas terras que que saen á Lagoa e outra no Peso. Todos estes topónimos mantéñense na actualidade. Ademais de noutros tantos documentos do anterior Arquivo, o nome de Arcinielas aparece nas diversas versións conservadas do Foro de Zamora.
Nos séculos XV e XVI a principal industria e foco de desenvolvemento do pobo foi a fabricación de panos, estando asentados na vila varios xastres, pelaires e tundidores. Por aquel entón, Arcenillas contaba máis de 500 habitantes, cifra que baixou nos séculos posteriores pola decadencia do negocio dos panos e polas crises demográficas debidas a epidemias.
Nos primeiros anos da segunda metade do século XVIII realizouse unha proba piloto do Catastro do Marqués da Ensenada. Coa invasión napoleónica, as forzas francesas invasoras levaron todo o ouro e a prata da parroquia, aínda que ao final da guerra se puido recuperar.
A historia do século XX pódese seguir a través do Arquivo Municipal, que na actualidade está a ser organizado e inventariado.
Na actualidade a poboación está a ascender debido á construción de varias urbanizacións de chalés.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| 👁 Image |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:Arcenillas |
