| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Galicia | ||||
| Provincia | provincia de Lugo 👁 Editar o valor en Wikidata | ||||
| Capital | A Barrela 👁 Editar o valor en Wikidata | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.987 (2025) 👁 Editar o valor en Wikidata (14,23 hab./km²) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 139,6 km² 👁 Editar o valor en Wikidata | ||||
| Altitude | 800 m 👁 Editar o valor en Wikidata | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| •Alcalde 👁 Editar o valor en Wikidata | Julio Yebra-Pimentel Blanco 👁 Editar o valor en Wikidata | ||||
| Eleccións municipais en Carballedo 👁 Editar o valor en Wikidata | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 27530 👁 Editar o valor en Wikidata | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 27009 👁 Editar o valor en Wikidata | ||||
| Sitio web | concellocarballedo.es 👁 Editar o valor en Wikidata | ||||
| 👁 Enciclopedia Galega Universal: 94790 | |||||
Carballedo é un concello da provincia de Lugo, pertencente a comarca de Chantada. O xentilicio é carballedés.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello ten 139,6km², repartidos en 23 parroquias. Está situado ao suroeste da provincia de Lugo, na comarca de Chantada. Limita ao norte con Chantada, ao sur con Vilamarín e A Peroxa, ao leste con Pantón e ao oeste con San Cristovo de Cea e Rodeiro.
É un terreo de media montaña, entre a serra do Faro e o río Miño, no encoro dos Peares. Tamén está regado polo río Búbal. Está atravesado pola estrada N-540 que comunica Lugo e Ourense, que atravesa o termo de norte a sur pasando pola súa capital, A Barrela.
O clima é oceánico, con matices continentais canto máis ao sur, con temperaturas moderadas e choivas abundantes. O seu ecosistema viuse afectado pola construción do encoro de Belesar.
Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo o IGE en 2014 tiña 2401 habitantes (2929 no 2006, 3010 no 2005, 3055 no 2004, 3061 no 2003). Segundo o INE en 2016 tiña 2280 habitantes, 1130 mulleres e 1150 homes. En 2017 2266 habitantes, 1125 mulleres, 1141 homes.
| Censo total 2014 | 2401 habitantes |
|---|---|
| Menores de 15 anos | 131 (5,46%) |
| Entre 15 e 64 anos | 1308 (54,48%) |
| Maiores de 65 anos | 962 (40,07%) |
| Evolución da poboación de Carballedo Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 | 2024 |
| 9804 | 9116 | 10295 | 4581 | 3055 | 2752 | 2593 | 2532 | 2465 | 2401 | 2351 | 2280 | 2266 | 2235 | 2193 | 2139 | 2123 | |||
| (Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) | |||||||||||||||||||
Historia
[editar | editar a fonte]Da época do megalitismo consérvanse as mámoas de Vilar de Monte. Hai restos da época da cultura castrexa, como os castros de Morgade, Buciños, Papelle e Touza.
Nunha pequena igrexa da parroquia de Temes achouse un sartego do século IV, encargado por un terratenente galaico-romano a un obradoiro de Roma. Da época do románico son as igrexas monacais de Santo Estevo de Chouzán e San Xoán da Cova.
Trala fin do antigo réxime, en 1840 creouse o concello de Carballedo, sendo importante a influencia de José Antonio Ribadeneira, da Casa Grande de Loureiro, bispo de Valladolid e auditor da Sagrada Rota Romana. Suprimiuse o concello de Asma, que comprendía a conca do río Asma até a confluencia coa do río Comezo, integrándose as parroquias da marxe dereita agás as de Santa Cruz e Santa Uxía de Asma, do concello de Chantada. Nun primeiro momento a capital situouse no lugar de Carballedo, sendo trasladada sucesivamente a San Mamede, Penaboa, Buciños, Chouzán, Castro e A Barrela, onde se mantén actualmente.
Cultura
[editar | editar a fonte]Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo fai referencia a unha terra de moitos carballos, fitónimo anterior ao latín.[2]
Carballedo é un concello de nomes singulares. Todos estes son topónimos exclusivos de Carballedo, que non se repiten en Galicia: Acilleiros, Aguada, Agrexán, Alén do Río, O Alto das Lamas, Ambasmestas, O Barrio de Puga, Buciños, Buxelle, Cambillán, Carballidiño, Cas de Moure, Cas de Pedro, Casqueixeiro, O Castro de Morgade, Ceides, Chouzán, O Curuxeiro, A Enfonxa, Esmolfe, Faíl, A Grixoá, A Lama de Fente, Lixibán, A Lobagueira, Lobelle, Lulaíños, Lulás, Papelle, Pepes, A Placería, Puvieiros, Quintá do Monte, Sergudiño, Surrego, Val do Arado, Veascós, Vilaguillulfe, Vilar de Mulleres, Temes, Trasar, Trasmontes, Xibiriz.[3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Carballedo.
- Igrexa de Santiago de Lousada.
- Santa Mariña de Veascós.
- Paisaxe de Carballedo.
- Paisaxe de Carballedo.
- "Puza" típica da zona.
- Terras de Carballedo.
Lugares de Carballedo
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Carballedo vexa: Lugares de Carballedo.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p.44. ISBN978-84-8158-706-7.
- ↑ "Carballedo - Antón Palacio - Detrás do nome - O Seminario de Onomástica responde". Consultado o 2023-04-01.
- ↑ "Toponimia do Concello de Carballedo". ogalego.eu. Consultado o 05/10/2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| 👁 Image |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:Carballedo 👁 Modificar a ligazón no Wikidata |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rielo Carballo, Nicanor (1976). Escolma de Carballedo. Santiago de Compostela: Castrelos. ISBN84-7041-041-5.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]| 👁 Este artigo tan só é un bosquexo |
Este artigosobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
