VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Guinea

⇱ Guinea - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Guinea (homónimos).
👁 Modelo:Xeografía política
Guinea
République de Guinée (fr) 👁 Editar o valor en Wikidata

HimnoLiberté 👁 Editar o valor en Wikidata

Lema«Traballo, Xustiza, Solidariedade» 👁 Editar o valor en Wikidata
Localización
👁 Image
👁 Editar o valor en Wikidata
👁 Mapa
10°N 11°O / 10, -11
CapitalConakry 👁 Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación12.717.176 (2017) 👁 Editar o valor en Wikidata
(51,73 hab./km²)
Lingua oficiallingua francesa
languages of Guinea (en) 👁 Traducir
👁 Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie245.857 km² 👁 Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico 👁 Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Nimba (1.752 m) 👁 Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoOcéano Atlántico (0 m) 👁 Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación2 de outubro de 1958 👁 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública 👁 Editar o valor en Wikidata
Presidente da Guinea 👁 Editar o valor en Wikidata
Mamady Doumbouya (2021–) 👁 Editar o valor en Wikidata
Primeiro ministro da Guinea 👁 Editar o valor en Wikidata
Bah Oury (2024–) 👁 Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAsemblea Nacional de Guinea , (Escano: 114) 👁 Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal16.091.817.842 $ (2021) 👁 Editar o valor en Wikidata
Moedafranco guineano 👁 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.gn 👁 Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+224 👁 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia117, 18 e 442-020 👁 Editar o valor en Wikidata
Código de paísGN 👁 Editar o valor en Wikidata

Sitio webpresidence.gov.gn 👁 Editar o valor en Wikidata
👁 BNE: XX455465

Guinea,[1] oficialmente República de Guinea (en francés: République de Guinée), é un país da África Occidental, limitado ao norte por Guinea-Bissau e polo Senegal, ao norte e leste por Malí, ao leste pola Costa do Marfil, ao sur por Liberia e Serra Leoa e ao oeste polo océano Atlántico. A súa capital é Conakry.

En parte do que é agora Guinea, moitos imperios xurdiron e caeron. Entre eles o Imperio de Malí creado por Sundiata Keita, quen derrotou ao rei dos Sosso, Soumaoro Kanté na batalla de Kirina en 1235, coa cal terminou o Imperio Sosso.

O Imperio de Malí comprendía partes da área norte de Guinea que foi gobernada por mansa (emperadores). O máis famoso foi Kankan Musa I, que fixo unha famosa peregrinación cara a A Meca en 1324. O Imperio de Malí caeu presa dos invasores almorávidas que viñan do norte de África, que estableceu o Imperio Songhai, o cal caeu a mans dos marroquís en 1591.

Os musulmáns fulani migraron a Fouta Djalon en Guinea Central e estableceron un estado islámico de 1735 ata 1898 cunha constitución escrita e gobernadores alternados.

Os aventureiros europeos comezaron o comercio de escravos na rexión costeira de Guinea desde o século XVI ata o século XIX.

A actual Guinea foi creada como colonia por Francia en 1890 con Noël Balley, sendo o primeiro gobernador. A capital, Conakry, foi fundada na illa Tombo en 1890. En 1895 o país incorporouse á África Occidental Francesa.

Independente de Francia desde 1958, Guinea non tivo eleccións democráticas ata 1993, cando o xeneral Lansana Conté (xefe do goberno militar) foi elixido presidente nunha votación. As supresións da seguridade continúan, aínda que non tan severas como nas primeiras décadas. Reelixido en 1998, o presidente enfrontouse á crecente crítica en 1999 polo seu encarceramento dun principal líder da oposición e o extenso malestar económico. As desordes en Serra Leoa tamén continuaron ameazando a estabilidade de Guinea.

En 2008, á morte de Lansana Conté, tomou o poder Moussa Dadis Camara, que ten como primeiro ministro a Cellou Dalein Diallo.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Pódense diferenciar catro zonas xeográficas:

Estas catro zonas, ás veces denominadas "rexións naturais", non se corresponden coas rexións administrativas.

Hidrografía e orografía

[editar | editar a fonte]
👁 Image
Guinée

O país ten 320km de costa, na que con frecuencia medran mangleiros. Abundan as augas interiores: vinte e dous grandes ríos da África Occidental nacen en Guinea, sendo o Fouta Djalon o gran centro difusor. Entre eses ríos salientan o Níxer, o Senegal e o Gambia. As montañas máis elevadas son interiores, no confín fronteirizo con Costa do Marfil e Liberia, érguese a maior elevación do país o Monte Nimba, con 1.764 metros.

Economía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Economía de Guinea.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para guineano.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]