VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Hockenheimring

⇱ Hockenheimring - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hockenheimring
Hockenheim 👁 Editar o valor en Wikidata
Instancia de
Composto por
Epónimo
Deporte
Deporte
Número de eventos xogados
Implicados
Usado por
Datas
Fundación / creación
Historia
1957Grande Prêmio da Alemanha de MotoGP (pt) 👁 Traducir
1970Gran Premio de Alemaña 👁 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Lonxitude4.574 m Antecedentes da Fórmula 1
3.736 m DTM 👁 Editar o valor en Wikidata
Localización
Situado en
Coordenadas
Códigos e identificadores
Freebase/m/03shz9 👁 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Páxina WEB
WikidataC:Commons

O Circuíto de Hockenheim ou Hockenheimring é un autódromo localizado nas proximidades de Hockenheim, Alemaña, que alberga anualmente o Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1, entre outros eventos.

Características

[editar | editar a fonte]

O trazado do circuíto destacaba por ser un dos máis longos da tempada de Fórmula 1, cun sector rápido que consistía de catro rectas de aproximadamente un quilómetro, cortadas por tres chicanes lentas que permitían numerosos adiantamentos, que percorrían un bosque. A zona de tribunas, denominada "Motordrom", compensaba o resto do trazado con curvas trabadas. Este circuíto presentaba un desafío importante aos técnicos á hora da posta a punto dos autos para a carreira, posto que se debía optar entre unha configuración con aleróns pouco inclinados e suspensión dura para maximizar a velocidade final nas rectas, pero á vez comprometendo a adherencia do coche na zona do "Motordrom", ou viceversa.

Para a edición do 2002, o circuíto foi redeseñado polo arquitecto alemán Hermann Tilke. A sección do estadio mantívose, pero o trazado foi acurtado, ao substituírse o sector de longas rectas dos bosques cunha serie de curvas máis pechadas. Como na maioría dos redeseños realizados por Tilke a petición do dono da Fórmula 1, Bernie Ecclestone, varios pilotos e fanáticos criticaron duramente a eliminación das rectas xa que estas dábanlle un carácter especial ao trazado.

Este circuíto será sempre tristemente recordado pola morte do lendario Jim Clark , que morreu en 1968 nunha competición de Fórmula 2.

Características

[editar | editar a fonte]
  • Capacidade espectadores: 120.000
  • Lonxitude do circuíto: 4´574 quilómetros.
  • Distancia da carreira de Fórmula 1: 67 voltas = 306´458 quilómetros. 16 curvas en total.
  • Configuración aerodinámica: media/alta. Velocidade máxima estimada 320km/h con DRS, 310km/h sen DRS
  • Aceleración a fondo: 65% do tempo de volta.
  • Tempo de freado: 15% do tempo da volta.
  • Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
  • Consumo de combustible: kg por volta.
  • Cambio de marchas por volta:
  • Número de zonas de freado:
  • Desgaste dos freos: alto
  • Desgaste dos pneumáticos:
  • Distancia dos Boxes:
  • Perda de tempo nunha parada en boxes:
  • Tempo total necesario para a parada en boxes: 16´8 segundos
  • Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10kg de combustible transportado): 0´31 segundos.
  • Marca volta: Kimi Raikkonen McLaren, 1.13.780 en 2004

1930 - 1960

[editar | editar a fonte]

Hockenheim foi construído en 1932, utilizando os camiños no bosque como unha alternativa ao circuíto Wildpark de Karlsruhe, que se prohibiu como circuíto de carreiras por parte de funcionarios alemáns. Hockenheim foi utilizado para carreiras de motos e ampliouse para ser utilizado como pista de probas para Mercedes-Benz e Auto Union en 1936. En 1938 pasou a chamarse Kurpfalzring nome que foi utilizado ata 1947. Despois da guerra, o expiloto de fábrica de DKW e NSU Wilhelm Herz promoveu a pista con éxito. Leváronse a cabo carreiras de motociclismo, co Gran Premio de Motociclismo de Alemaña alternándose entre Hockenheim e outras pistas. O circuíto orixinal tiña case oito quilómetros de longo e constaba de dúas longas rectas cunha longa curva "Leste" no bosque e unha U interior.

1960 - 2001

[editar | editar a fonte]
👁 Image
A pista antes de 2002
👁 Image
A pista actual en comparación coa pista orixinal

En 1965, cando a nova autoestrada A 6 separou a vila da parte principal da pista, construíuse unha nova versión de Hockenheim, coa sección do estadio "Motodrom". Logo da morte de Jim Clark en 1968 nun accidente nas carreiras de Fórmula 2, engadíronse dúas chicanes e a pista foi rodeada de Armco en 1970. Un pequeno monumento foi colocado preto da primeira chicane, no lugar do seu accidente. En 1982, outra chicane agregouse na Ostkurve (curva leste), logo de que Patrick Depailler morrera alí en 1980, e a primeira chicane tamén fíxose máis lenta. Esta versión adoitaba ser bastante grande, cunha moi longa sección rápida pasando polos bosques que se compuña de catro rectas de aproximadamente 1´3km, separados por unha secuencia de chicanes, seguido dun máis estreito e revirado "estadio" (a sección é chamada así por todas as tribunas situadas alí) chamado Motodrom. Este circuíto presentaba un desafío importante aos técnicos á hora da posta a punto dos autos para a carreira, posto que se debía optar entre unha configuración con aleróns pouco inclinados e suspensión dura para maximizar a velocidade final nas rectas, pero á vez comprometendo a adherencia do coche na zona do "Motordrom", ou viceversa. A lonxitude da pista longa tamén significaba que unha carreira típica de Fórmula 1 tiña só 45 voltas, o que limitaba a experiencia dos espectadores da carreira só unhas poucas pasadas a través do estadio. Moitos dos problemas saíron á luz durante o Gran Premio de Alemaña de 2000, onde o piloto brasileiro Rubens Barrichello gañou tras comezar 18º na grella, en condicións atmosféricas cambiantes. Todos os adiantamentos que tiveron lugar durante a carreira atopábanse nas chicanes do sector forestal, é dicir, os espectadores apenas viron a maior parte do mellor da carreira. O piloto francés Jean Alesi tivo un enorme accidente na terceira chicane logo dunha colisión con Pedro Diniz. Un ex empregado de Mercedes, que fora despedido, abriu unha brecha nas barreiras de seguridade da pista na recta principal en primeiro lugar, mostrando a vulnerabilidade das instalacións de seguridade no bosque. Estes feitos motivaron a protesta tanto da FIA para mellorar a visualización dos espectadores, como a seguridade na pista, xa que quedara claro que a pista xa non era adecuada para as carreiras de Fórmula Un modernas.

Redeseño de 2001

[editar | editar a fonte]

A principios de década de 2000, os directivos da F1 esixiron que a pista de 6.823km. acúrtarase e ameazou con deixar de competir alí, debido á competencia doutras pistas, como o EuroSpeedway Lausitz e circuítos en Asia. O goberno do estado de Baden-Württemberg asegurou o financiamento para o redeseño por Hermann Tilke para o Gran Premio de Alemaña de 2002. A sección do estadio mantívose case intacta, a pesar dunha nova superficie e unha estreita curva 1 ("Nordkurve"). Con todo, o circuíto reduciuse drasticamente, co tempo, a sección de rectas do bosque foi cambiada en favor de curvas máis estreitas. Nunha decisión moi controvertida, a vella sección dos bosques foi arrincada e replantada de árbores, o que eliminou calquera posibilidade de utilizar a antiga pista, xa sexa para futuras carreiras de F1 ou para carreiras de coches históricos. Había e segue habendo unha gran cantidade de críticas á remodelación da pista, en termos de arruinar os anteriores desafíos técnicos, únicos do antigo circuíto de Hockenheim e facer un novo circuíto homoxeneizado "similar a outros" sen o carácter do deseño anterior, mentres que adoece dos problemas que se perciben nos outros circuítos de Tilke.[1] Varios pilotos e directores de equipo, incluíndo Ron Dennis, Jarno Trulli e Juan Pablo Montoya criticaron os cambios e declarou a súa preferencia polo vello circuíto.[2]

👁 Image
Os restos da lendaria Ostkurve en febreiro de 2008 logo da recuperación

A nova pista ten 120.000 asentos, debido ás novas grandes tribunas patrocinados por Mercedes-Benz. O complexo tamén conta cunha pista de cuarto de milla para drag racing ou carreiras de aceleración. Alberga un dos maiores eventos de carreiras de drag en Europa coñecido como o NitrOlympx.

Gañadores de Fórmula 1 no circuíto de Hockenheim

[editar | editar a fonte]
Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1970 👁 Austria
Jochen Rindt
Lotus-Ford 1:42:00,300 h 6´789km 50 199´667km/h 2. agosto 👁 Alemaña
Alemaña
1977 👁 Austria
Niki Lauda
Ferrari 1:31:48,620 h 6´789km 47 208´528km/h 31. xullo
1978 👁 Image
Mario Andretti
Lotus-Ford 1:28:00,900 h 6´789km 45 208´263km/h 30. xullo
1979 👁 Australia
Alan Jones
Williams-Ford 1:24:48,830 h 6´789km 45 216´124km/h 29. xullo
1980 👁 Francia
Jacques Laffite
Ligier-Ford 1:22:59,730 h 6´789km 45 220´859km/h 10. agosto
1981 👁 Image
Nelson Piquet
Brabham-Ford 1:25:55,600 h 6´789km 45 213´325km/h 2. agosto
1982 👁 Francia
Patrick Tambay
Ferrari 1:27:25,178 h 6´797km 45 209´929km/h 8. agosto
1983 👁 Francia
René Arnoux
Ferrari 1:27:10,319 h 6´797km 45 210´525km/h 7. agosto
1984 👁 Francia
Alain Prost
McLaren-TAG-Porsche 1:24:43,210 h 6´797km 44 211´804km/h 5. agosto
1986 👁 Image
Nelson Piquet
Williams-Honda 1:22:08,263 h 6´797km 44 218´463km/h 22. xullo
1987 👁 Image
Nelson Piquet
Williams-Honda 1:21:25,091 h 6´797km 44 220´394km/h 26. xullo
1988 👁 Image
Ayrton Senna
McLaren-Honda 1:32:54,188 h 6´797km 44 193´148km/h 24. xullo
1989 👁 Image
Ayrton Senna
McLaren-Honda 1:21:43,302 h 6´797km 45 224´566km/h 30. xullo
1990 👁 Image
Ayrton Senna
McLaren-Honda 1:20:47,164 h 6´802km 45 227´334km/h 29. xullo
1991 👁 Image
Nigel Mansell
Williams-Renault 1:19:29,661 h 6´802km 45 231´028km/h 28. xullo
1992 👁 Image
Nigel Mansell
Williams-Renault 1:18:22,032 h 6´815km 45 234´798km/h 26. xullo
1993 👁 Francia
Alain Prost
Williams-Renault 1:18:40,885 h 6´815km 45 233´861km/h 25. xullo
1994 👁 Austria
Gerhard Berger
Ferrari 1:22:37,272 h 6´823km 45 222´971km/h 31. xullo
1995 👁 Alemaña
Michael Schumacher
Benetton-Renault 1:22:56,043 h 6´823km 45 222´130km/h 30. xullo
1996 👁 Image
Damon Hill
Williams-Renault 1:21:43,417 h 6´823km 45 225´420km/h 28. xullo
1997 👁 Austria
Gerhard Berger
Benetton-Renault 1:20:59,046 h 6´823km 45 227´478km/h 27. xullo
1998 👁 Finlandia
Mika Häkkinen
McLaren-Mercedes 1:20:47,984 h 6´823km 45 227´997km/h 2. agosto
1999 👁 Image
Eddie Irvine
Ferrari 1:21:58,594 h 6´823km 45 224´724km/h 1. agosto
2000 👁 Image
Rubens Barrichello
Ferrari 1:25:34,418 h 6´825km 45 215´341km/h 30. xullo
2001 👁 Alemaña
Ralf Schumacher
Williams-BMW 1:18:17,873 h 6´825km 45 235´351km/h 29. xullo
2002 👁 Alemaña
Michael Schumacher
Ferrari 1:27:52,078 h 4´574km 67 209´263km/h 28. xullo
2003 👁 Image
Juan Pablo Montoya
Williams-BMW 1:28:48,769 h 4´574km 67 207´036km/h 3. agosto
2004 👁 Alemaña
Michael Schumacher
Ferrari 1:23:54,848 h 4´574km 66 215´852km/h 25. xullo
2005 👁 España
Fernando Alonso
Renault 1:26:28,599 h 4´574km 67 212´629km/h 24. xullo
2006 👁 Alemaña
Michael Schumacher
Ferrari 1:27:51,693 h 4´574km 67 209´278km/h 30. xullo
2008 👁 Image
Lewis Hamilton
McLaren-Mercedes 1:31:20,874 h 4´574km 67 202´870km/h 20. xullo
2010 👁 España
Fernando Alonso
Ferrari 1:27:38,864 h 4´574km 67 209´788km/h 25. xullo
2012 👁 España
Fernando Alonso
Ferrari 1:31:05.862 h 4´574km 67 201´844km/h 22. xullo
2014 👁 Alemaña
Nico Rosberg
Mercedes 1:33:42,914 h 4´574km 67 196´206km/h 20. xullo
2016 👁 Image
Lewis Hamilton
Mercedes 1:30:44.200 h 4´574km 67 202´647km/h 31. xullo
2018 👁 Image
Lewis Hamilton
Mercedes 1:32:29.845 h 4´574km 67 198´789km/h 22. xullo
2019 👁 Países Baixos
Max Verstappen
Red Bull 1:44:31,275 h 4´574km 64 168´044 km/h 28. xullo

Record: M.Schumacher (4 Veces)

👁 Image
Panorámica desde a zona de tribunas Motodrom (2004)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]