| 👁 Image 👁 Editar o valor en Wikidata | |
| Tipo | torneo 👁 Editar o valor en Wikidata |
|---|---|
| Deporte | deportes de motor 👁 Editar o valor en Wikidata |
| Localización e Datas | |
| País | Alemaña 👁 Editar o valor en Wikidata |
| Vixencia | 2000 – 👁 Editar o valor en Wikidata |
| Outro | |
| Páxina web oficial | dtm.com 👁 Editar o valor en Wikidata |
O Deutsche Tourenwagen Masters (abreviadamente DTM) é un campionato automobilística de turismos que se disputa en Alemaña dende o ano 1984 como Deutsche Tourenwagen Meiterschaft e dende o ano 2000 como o nome actual. Os coches que corren nesta competición son automóbiles de turismo con carrocerías semellantes ás dun coche convencional, peros con formas aerodinámicas para poder alcanzar os 300km/h.
O DTM é unha das competicións de turismos máis importantes do mundo e un dos campionatos automobilísticos internacionais máis populares, logo da Fórmula 1 e da NASCAR. Neste campionato corren ou correron estrelas propias como Bernd Schneider, Timo Scheider ou Mattias Ekström e antigos pilotos da Fórmula 1 como Mika Häkkinen, Ralf Schumacher ou David Coultard.
Historia
[editar | editar a fonte]Deutsche Tourenwagen Meiterschaft
[editar | editar a fonte]O Deutsche Tourenwagen Meiterschaft foi a competición orixinal do DTM, e disputouse entre os anos 1984 e 1996. Comezou disputándose con equipos privados e coas regras da Federación Internacional do Automóbil. O éxito en Alemaña foi moi grande e polo tanto moitas maracas nacionais como Mercedes-Benz, Opel, BMW, Alfa Romeo e Audi empezaron a competir no campionato con equipos oficiais. A competición quixo medrar demais e por iso rematou terminando estrepitosamente. Os orzamentos, os dereitos de televisión e as entradas ás carreiras cada vez subían máis. As carreiras non só se corrían en Alemaña; tamén comezaron a disputarse grandes premios noutros países coma o Brasil, o Xapón ou Finlandia e a competición adaptou o nome de Campionato Internacional de Turismos (ITC). Esta decisión fixo que os custos subiran de maneiras desorbitadas e que por esta razón Alfa Romeo, BMW e Opel deixaran de correr na competición facendo que Mercedes-Benz quedara soa e que o ITC desaparecera no ano 1997.
Deutsche Tourenwagen Masters
[editar | editar a fonte]Logo duns anos sen DTM, os directores deportivos de Mercedes-Benz, Audi e Opel reuníronse no 1998 e no 1999 co fin de refacer o DTM como unha competición tecnolóxica, divertida e de custos razonábeis.
O novo DTM empezou a correrse no ano 2000 e converteuse na serie de turismos máis importante a nivel mundial. Actualmente, os automóbiles desta competición contan con motores V8 de 4.0 litros e cunha potencia máxima de 480 CV. Cada piloto conta só con dous motores por campaña, o cal reduce os custos de competición en moito diñeiro.
Opel abandonou o campionato no 2005. BMW regresou ao DTM na temporada 2012. Na actualidade, o DTM dispútano automóbliles de tres marcas: Mercedes-Benz, BMW e Audi.
Na tempada 2017 o campionato sufriu as súas últimas modificacións. O número de pilotos do DTM rebaixouse de 24 a 18. Ademais, as dúas carreiras da fin de semana pasaron a ser dunha distancia de 55 minutos máis unha volta completa.
Circuítos
[editar | editar a fonte]
|
|
Campións
[editar | editar a fonte]Campións do Deutsche Tourenwagen Meiterschaft
[editar | editar a fonte]| Ano | Piloto | Automóbil |
|---|---|---|
| 1984 | 👁 Alemaña Volker Strycek | BMW 635 CSi |
| 1985 | 👁 Image Per Stureson | Volvo 240 Turbo |
| 1986 | 👁 Dinamarca Kurt Thiim | Rover Vitesse |
| 1987 | 👁 Bélxica Eric van den Poele | BMW M3 |
| 1988 | 👁 Alemaña Klaus Ludwig | Ford Sierra |
| 1989 | 👁 Italia Roberto Ravaglia | BMW M3 |
| 1990 | 👁 Alemaña Hans-Joachim Stuck | Audi V8 Quattro |
| 1991 | 👁 Alemaña Frank Biela | Audi V8 Quattro |
| 1992 | 👁 Alemaña Klaus Ludwig | Mercedes-Benz 190 |
| 1993 | 👁 Italia Nicola Larini | Alfa Romeo 155 |
| 1994 | 👁 Alemaña Klaus Ludwig | Mercedes-Benz Clase C |
| 1995 | 👁 Alemaña Bernd Schneider | Mercedes-Benz Clase C |
| 1996 | 👁 Alemaña Manuel Reuter | Opel Calibra |
Campións do Deutsche Tourenwagen Masters
[editar | editar a fonte]2018 || Disputándose
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial do DTM
- Web oficial de Mercedes-Benz Motorsport Arquivado 29 de maio de 2015 en Wayback Machine.
- Web oficial de BMW MotorsportArquivado 13 de maio de 2015 en Wayback Machine.
- Web oficial de Audi Motorsport Arquivado 07 de maio de 2015 en Wayback Machine.
