VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Kerch

⇱ Kerch - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
👁 Modelo:Xeografía política
Kerch
Керч (uk)
Keriç (crh)
Керчь (ru) 👁 Editar o valor en Wikidata

Localización
👁 Mapa
45°20′19″N 36°28′05″L / 45.3386, 36.4681
EstadoUcraína
República autónomaRepública Autónoma de Crimea 👁 Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación151.103 (2025) 👁 Editar o valor en Wikidata
(1.399,1 hab./km²)
Lingua oficialLingua tártara de Crimea
lingua ucraína
lingua rusa 👁 Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie108 km² 👁 Editar o valor en Wikidata
Altitude10 m 👁 Editar o valor en Wikidata
Creación610 a. C. 👁 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano lexislativoKerch City Council (en) 👁 Traducir
, 👁 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal98300–98399 👁 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico+380-6561 e +7-36561 👁 Editar o valor en Wikidata
Identificador KOATUU0111200000 👁 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webkerch.rk.gov.ru 👁 Editar o valor en Wikidata
👁 VK: kerchadmi

Kerch (ucraíno: Керч, ruso: Керчь, tártaro de Crimea: Keriç) é unha cidade portuaria do sur de Ucraína, situada na costa oriental da península de Crimea. A cidade áchase no estreito de Kerch que comunica o mar de Azov co mar Negro. Ademais de ser un porto pesqueiro, desenvolve unha intensa actividade manufactureira derivada da súa localización nunha rexión produtora de mineral de ferro e gas natural. Conta, polo tanto, con estabelecementos metalúrxicos (ferro e aceiro) e químicos, fábricas de maquinaria e de transformación do pescado.

👁 Image
Kerch

A cidade é sede dun instituto de investigacións oceanográficas. Entre os lugares de interese conta cun museo arqueolóxico e coa igrexa de San Xoán Bautista, que data do século VIII. A cidade foi fundada no século VIa.C. co nome de Panticapaea; era nas súas orixes unha colonia grega. Despois do século Va.C. e durante uns cantos séculos, a cidade e os seus arredores foron posesión do reino independente do Bósforo. A principios do século XIV era unha colonia de Xénova e en 1475 caeu en mans do Imperio Otomán. Rusia anexionouna en 1771 durante unha das contendas ruso-turcas. No transcurso da guerra de Crimea resultou seriamente danada, e o mesmo ocorreu durante a segunda guerra mundial. A súa poboación, segundo estimación de 1990 era de 176.000 habitantes.


👁 Este artigo tan só é un bosquexo
Este artigosobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.