VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Nocello

⇱ Nocello - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nocello
tarsus
talus 👁 Editar o valor en Wikidata
Instancia de
Subclase de
Códigos e identificadores
Freebase/m/01xlvy 👁 Editar o valor en Wikidata
MeSHD000842 👁 Editar o valor en Wikidata
TA 98A01.1.00.041
CIE-111106248434 👁 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2778640784 👁 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
WikidataC:Commons
👁 Image
Fractura bimaleolar e luxación no nocello dereito nos raios X (antero-posterior)

Na anatomía humana o nocello é unha articulación bicameral do membro inferior. Permite movementos de flexión-extensión e abdución-adución do . Tamén se denomina noelo, nortello e tornecelo.[1]

Superficies articulares da cámara proximal

[editar | editar a fonte]
  • Na perna:
    • Tibia: cara inferior da epífise inferior e cara externa do maléolo tibial.
    • Peroné: cara interna do maléolo peroneo.
  • No tarso:

O escafoide e calcáneo non son superficies articulares pero neles insírense varios ligamentos do nocello. Trátase dunha articulación troclear.

Superficies articulares da cámara distal

[editar | editar a fonte]
  • Articulación astragalocalcanoide: entre astrágalo e calcáneo. É unha dobre artrodia morfolóxica e trocoide funcional.
  • Articulación calcaneoastragaloescafoide: entre astrágalo e escafoide. Engadimos o calcáneo nesta articulación porque emite un cartigo importante para ela. Trátase dunha enartrose.

Ligamentos da articulación

[editar | editar a fonte]
  • Da cámara proximal:
    • Ligamento lateral externo: composto por tres feixes.
      • Ligamento peroneoastragalino anterior
      • Ligamento peroneoastragalino posterior
      • Ligamento peroneocalcáneo
    • Ligamento lateral interno: composto por catro feixes.
      • Ligamento deltoide ou superficial: contén tres feixes.
        • Ligamento tibioastragalino anterior, posterior e tibiocalcáneo
      • Ligamento fondo: por debaixo dos anteriores
        • Ligamento tibioastragalino medio
  • Da cámara distal:
    • Articulación astragalocalcanoide: un ligamento intrínseco: ligamento do seo do tarso e dous ligamentos extrínsecos: un posterior e outro interno.
    • Articulación calcaneoastragalinoescafoide: ligamento clave e ligamento de reforzo superior.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Nocello.