VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Redl_ezredes

⇱ Redl ezredes - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Redl ezredes
Instancia de
Título
Tema principal
Baseado en
Inspirado na obra de
Características
Xénero artístico
Lingua orixinal
Cor
Formato de distribución
Obras
Ambientado en
Implicados
Produtor/a
Director/a
Compositor/a
Guionista
Director/a fotografía
Deseñador/a son
Editor/a de cine
Compañía produtora
Distribuidor/a
Datas
Data de publicación
20 de febreiro de 1985 (Hungría)
29 de marzo de 1985 (Alemaña) 👁 Editar o valor en Wikidata
Historia
Precedido por
Nomeamentos
Cifras e dimensións
Duración144 min 👁 Editar o valor en Wikidata
Localización
Códigos e identificadores
VIAF316752144 👁 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-7C27-0000-T-0000-0000-O 👁 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/087spk 👁 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata

Redl ezredes (en alemán:Oberst Redl) é un filme húngaro de 1985 dirixido por István Szabó. A trama, ambientada no período anterior á primeira guerra mundial, segue o ascenso de Alfred Redl, un oficial no Imperio Austrohúngaro. Redl, de orixe humilde, ingresa na escola militar de neno e comeza unha ilustre carreira militar en virtude da súa lealdade á coroa. É nomeado xefe dunha unidade de recollida de intelixencia, pero a súa atracción polos homes finalmente provoca a súa caída. O guión, vagamente inspirado na obra do dramaturgo británico John Osborne, A Patriot for Me, recolle o aumento das tensións interétnicas en Austro-Hungría, que provocaron o asasinato en Saraxevo e a eventual desintegración do imperio. Está protagonizado por Klaus Maria Brandauer, Jan Niklas e Gudrun Landgrebe.

Foi escollido como candidato de Hungría para o Óscar ó mellor filme internacional na 59ª edición dos premios, sendo finalmente nomeado.[1]

Alfred Redl, un neno ruteno procedente de Galicia no Imperio Austrohúngaro, gaña un nomeamento nunha prestixiosa academia militar a pesar de ser fillo dun campesiño. Á súa saída da casa, a súa nai incúlcalle eterna gratitude cara ao emperador Francisco Xosé I de Austria. Redl nunca debe esquecer que lle debe a súa prometedora carreira ao emperador.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]