VOOZH about

URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/The_Washington_Post

⇱ The Washington Post - Wikipedia, a enciclopedia libre


Saltar ao contido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Washington Post
Instancia de
Composto por
Título
The Washington Post (en) 👁 Editar o valor en Wikidata
Epónimo
Texto lema
Democracy Dies in Darkness 👁 Editar o valor en Wikidata
Características
Lingua
Ideoloxía política
Posición política
Formato de xornal
Obras
Edicións
Implicados
Fundador/a
Propietario/a
Operador/a
Entidades subsidiarias
Editorial
Datas
Data de comezo
6 de decembro de 1877 👁 Editar o valor en Wikidata
Fundación / creación
Periodicidade
Historia
2011Washington Post 2011 data breach (en) 👁 Traducir
👁 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Cadro de persoal1000 (2021) 👁 Editar o valor en Wikidata
Localización
Sede
Publicado en
Lugar de publicación
País de orixe
Códigos e identificadores
ISSN0190-8286 👁 Editar o valor en Wikidata
VIAF189603300 👁 Editar o valor en Wikidata
OCLC2269358 👁 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL7642215A 👁 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0px38 👁 Editar o valor en Wikidata
WordLiftdata.thenextweb.com… 👁 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexS4306532776, S4306532777 e S2764764125 👁 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Páxina WEB
WikidataC:Commons
👁 Image
Sede do xornal.

The Washington Post é o maior e máis antigo xornal de Washington, D.C., a capital dos Estados Unidos. Gañou fama mundial a principios dos 70, pola súa investigación sobre o caso Watergate, conducida por Bob Woodward e Carl Bernstein, que desempeñou un papel importante na caída de Richard Nixon como presidente. É xeralmente considerado un dos mellores diarios estadounidenses, xunto co New York Times, coñecido pola súa reportaxe xeral e cobertura internacional, e o Wall Street Journal, famoso no eido financeiro. O Post distinguiuse polas súas reportaxes sobre a Casa Branca, o Congreso, e outros aspectos do goberno estadounidense.

Por outra banda, a diferenza doTimes e o Journal, o Post vese a si mesmo como un xornal estritamente rexional, e non imprime unha edición nacional para distribución máis aló da Costa leste dos Estados Unidos. A maior parte dos seus lectores son do Distrito de Columbia, xunto cos suburbios adiñeirados de Maryland e Virxinia.

A súa circulación diaria media, segundo datos de marzo de 2013, era de 474767 e de 838014 os domingos,[1] o que o coloca no oitavo lugar dos xornais estadounidenses, detrás do Wall Street Journal, New York Times, USA Today, Los Angeles Times, San Jose Mercury News, Daily News e New York Post. Mentres que a súa circulación (como a de todos os diarios) foi en caída lenta, ten unha das taxas de penetración de mercado máis altas de todos os diarios metropolitanos.

  1. Circulación total de los periódicos estadounidenses, Alliance for Audited Media, 31.03.2013; acceso 06.08.2013