VOOZH about

URL: https://gl.wiktionary.org/wiki/alterar

⇱ alterar - Wiktionary


Saltar ao contido
do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

👁 Image
Verbo pronominal

alterarse

  1. Facerse algún aspecto de [algo] distinto de como é.
  2. Sentir inquietude.
  3. Sentir enfado ou ira.

Traducións

👁 Image
Verbo transitivo

alterar

  1. Facer que algún aspecto de [algo] sexa distinto de como é.
  2. Causar inquietude.
  3. Causar enfado ou ira.

Traducións

Conxugación

Verbo regular da 1ª conxugación    
Formas impersoais
Infinitivo alterar
Xerundio alterando
Participio alterado, alterada, alterados, alteradas

Formas persoais
singular plural
primeira segunda terceira primeira segunda terceira
Modo
Indicativo
Presente altero alteras altera alteramos alterades alteran
Copretérito alteraba alterabas alteraba alterabamos alterabades alteraban
Pretérito alterei alteraches alterou alteramos alterastes alteraron
Antepretérito alterara alteraras alterara alteraramos alterarades alteraran
Futuro alterarei alterarás alterará alteraremos alteraredes alterarán
Pospretérito alteraría alterarías alteraría alterariamos alterariades alterarían
Modo
Subxuntivo
Presente altere alteres altere alteremos alteredes alteren
Pretérito alterase alterases alterase alterásemos alterásedes alterasen
Futuro alterar alterares alterar alterarmos alterardes alteraren
Modo
Imperativo
Afirmativo altera altere1 alteremos alterade alteren1
Negativo alteres altere1 alteremos alteredes alteren1
Infinitivo conxugado alterar alterares alterar alterarmos alterardes alteraren
1 Vostede(s)


Castelán

👁 Image
Verbo pronominal

alterarse

  1. Alterarse (facerse algún aspecto de [algo] distinto).
  2. Alterarse, desacougarse, inquietarse (sentir inquietude).
  3. Alterarse, enfadarse, irritarse (sentir enfado ou ira).

👁 Image
Verbo transitivo

alterar

  1. Alterar, modificar, variar (facer que algún aspecto de [algo] sexa distinto).
  2. Alterar, desacougar, desasosegar, inquietar, perturbar (causar inquietude).
  3. Alterar (causar enfado ou ira).